En Marea: "Galicia ten que xogar na mesma liga que Euskadi e Cataluña"

Os deputados de En Marea lembran que Galicia tamén é unha "nacionalidade histórica" e que, polo tanto, ten que ser tratada como tal no conxunto do Estado.

Por E.P. | Madrid | 02/10/2018 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Os deputados de En Marea cualificaron de satisfactoria a reunión que mantiveron este martes coa ministra de Política Territorial, Meritxell Batet, e sinalan que lle trasladaron a necesidade de encadrar a Galicia como nacionalidade histórica que "xoga na mesma liga que Cataluña ou Esukadi".

Xuntanza de deputados de En Marea coa ministra Meritxell Batet / remitida Xuntanza de deputados de En Marea coa ministra Meritxell Batet / remitida Reunión En Marea ministra Batet
Xuntanza de deputados de En Marea coa ministra Meritxell Batet / remitida Xuntanza de deputados de En Marea coa ministra Meritxell Batet / remitida Reunión En Marea ministra Batet

Ao termo da reunión no Ministerio de Política Territorial, a deputada de En Marea Yolanda Díaz sinalou que queren "operar nesa realidade" de nación, a pesar de que son conscientes de que, co goberno de Mariano Rajoy, retrocederon "1.000 anos en dereitos culturais, nacionais e lingüísticos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

9 Moinante

Quando? Se as galegas e galegos votam maioritariamente PPSOE. Somos um povo de velhas e velhos, os novos som levados na enxurrada da emigraçom, decisom económico-politica colonial tomada em Madrid em contra de nós como povo e naçom.

8 luiz

mmmm, há mil anos o galego era lingua de reis nobres e escrivães, os Reis coroavam-se em Santiago e começava o Portico da Gloria....... que tempos! nom era um mal acordo retrotraer 1000 anos os "direitos nacionais, linguisticos e culturais".....

7 Gallet

Polo menos ten gracia o titular

6 XanKaraLlás

Para xogarmos nesa liga temos que desasnar os cidadáns que temos para que perdan ese costume seu de votar co cu, ou se iso non é posible, fichar cidadáns competentes para que queden aquí e suplir as carencias da canteira. Non vexo outra fórmula para facer realidade o sonho de ascender á liga que nos correspondería, que é a de Euskadi e Catalunha. Mentres tanto... a seguir sendo os bufóns de Espanha cada vez que hai eleccións.

5 xacobe

Que simpáticos os do grupo "pralamentar"

1 Se a Marea está, Galiza está

O que si é "pra lamentar" é o feito de non estar: https://www.youtube.com/watch?v=q35... XDDDDDDDDDDDDDDD

2 xacobe

Si pero non esquezas que igual que sube, baixa!!