Prisión para tres presuntos membros da banda 'Los Betas' de Vigo

Unha cuarta persoa foi posta en liberdade con obriga de comparecer cada quince días no xulgado.

Por E.P. | VIGO | 11/10/2018 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

A este grupo atribúeselle case un centenar de roubos e furtos. Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), este xoves pasaron a disposición xudicial catro dos detidos. O maxistrado decretou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza para tres deles, e a posta en liberdade con obrigación de comparecer quincenalmente para a cuarta persona.

Coche de Policía Nacional
Coche de Policía Nacional

A investigación da actividade desta banda levou este mércores á Garda Civil a deter a 6 persoas vinculadas a este grupo criminal que actuaba en Vigo imitando ás bandas latinas violentas. Ademais dos 6 detidos, investígase polo menos a outras 9 persoas.

Trátase dunha organización cuxos membros, algúns menores de idade, imitan no seu comportamento, xestos, vestimenta, grafitis ou tatuaxes, ás bandas violentas latinas, e a Garda Civil atribúelles un centenar de roubos con intimidación, furtos, tiróns, ameazas ou lesións cometidos en Vigo, Cangas e Baiona.

Ademais das detencións, os efectivos policiais realizaron cinco rexistros (catro en domicilios e un nun local comercial). Cando se ía a producir un dos rexistros, nun piso da Avenida da Florida, unha das integrantes de 'Los Betas' resultou ferida grave ao tratar de fuxir dos gardas descolgándose pola xanela do quinto piso: a moza, de 20 anos de idade, caeu ao baleiro e permanece ingresada na UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta