Por Galicia Confidencial | Touro | 13/10/2018 | Actualizada ás 16:00
O río Lañas, afluente do Ulla, está nunha situación “límite”. É o que denuncian veciños de Touro que, para confirmar as súas afirmacións, remiten un vídeo no que dan conta deste “desastre”. “Vai cheo de escumas que desprenden un olor moi forte e que contaminan as augas”, din. Unha situación que se suma á forte contaminación polo cobre que se pode apreciar en todas as pedras do río.
Os veciños denuncian que os medios tradicionais sacaban a semana pasada unha nota de prensa da mineira de Touro onde daban a entender que o río Lañas estaba en “perfecto estado”, e sen mortalidade piscícola.
“Tal e como demostra o vídeo, unha vez máis, a realidade dista moito do relato que vende a empresa. Un desastre ecolóxico no que a administración,tanto a municipal como autonómica, segue de costas á veciñanza”, apuntan. Esta denuncia chega cando se acaba de coñecer que a internacional propietaria da mina está tentando vendela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.