Déjà vu

O próximo plenario de EnMarea vai ser importante (todos o están sendo) pois vai definir a estratexia do espazo político nun momento de cambios no estado e, sobre todo, diante dunhas eleccións europeas que deben ter un carácter central na recuperación da Europa social e democrática, polo cal non se poden abordar só desde a perspectiva de alianzas partidarias locais (nacionais ou estatais) senón de alianzas cidadáns continentais.

Por Xoan Hermida | Pontevedra | 24/10/2018

Comparte esta noticia
De bos estrategos é elixir o campo de batalla e non que cho elixan outros. Iso xa pasou no anterior plenario no que o debate das municipais quedou eclipsado por non sei que importante vendeta (era tan importante que a estas alturas xa ninguén se acorda, e expulsadores e posibles expulsados xa sentan xuntos na mesma mesa de ‘confluencia’).
 
Desde o respecto ás persoas inscritas e ás decisións de plenarios e, sobre todo, consultas anteriores este plenario debería servir para dinamitar a política de bloques que tanto lle gustan aos partidiños e liberados (ao fin e ao cabo hai que xustificar o salario a fin de mes).
 
Repetir cada seis meses unha confrontación que se resolve 45%/55%  di moi pouco da altura de miras dos cadros do partido, sobre todo habendo aos dous días unhas primarias nas que ao pouco que Luís Villares leve unha candidatura de excelencia e plural saca arredor dun 70% como se puido ver nas consultas realizadas (e isto porqué ás asembleas van os convencidos ou os do circulo de influencia directa, namentres que nas consultas participa unha maioría que, vindo de unha cultura política ou da contraria, aposta por sacar adiante o proxecto).
 
Estar a estas alturas preocupados polo que movan ou digan os funcionarios dos partidiños di moi pouco a favor da capacidade de avance de EnMarea (aínda que eu sei que iso non é verdade).
 
EnMarea non pode acabar convertida nunha desas forzas marxinais 'anti-todo', nas que cada asemblea sirve para volver a debater o da anterior.
 
Trasládese aos estatutos, como algún dixemos hai tempo, as regras de xogo para que non poidan ser cambiadas cada dous días e para que se poida debater de política e non de cuestións internas. Pero me temo que non só nos 'outros' está o problema.
 
O sociólogo Charles Tilly xa nos ensinou sobre a importancia das ‘dinámicas relacionais’ nos movementos políticos. De aí a importancia de investigar a evolución de colectivos e persoas dos seus comportamentos e as súas motivacións últimas.
 
Si se publicaran os nomes e apelidos das persoas que viven de cargos remunerados dos partidiños entenderíase mellor os ataques deste dous anos a  EnMarea. Si ademais se publicaran as súas traxectorias profesionais quizais se entendería o porqué algunhas persoas se xogan tanto no control de EnMarea.

Asemblea de En Marea
Asemblea de En Marea
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoan Hermida Xoán Hermida González naceu en Pontevedra en 1965. Licenciado en Historia Contemporánea pola USC, Master en 'filosofia, cuestións actuais' e Doutor en Xestión Pública pola USC. Estivo ligado a diversos movemento sociais coma os Comités anti-Otan ou os CAF. Foi membro do Consello Confederal da CXTG, secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Parlamentar Mixto entre 1997 e 1999. Activista altermundista, participou no primeiro foro social europeo en Firenza. Foi Director da ONG AMARANTE desde outubro de 1999 a outubro de 2007. Foi coordinador nacional de Espazo Ecosocialista de febreiro de 2012 a xuño 2015. En maio de 2018 dimitiu da súa acta de deputado no Parlamento de Galicia, tras 12 días de aceptala, nos que quixo visibilizar a necesidade de situar á ética no centro da política. Na actualidade dirixe o Foro Obencomún e participa da Marea Pontevedra. Autor de varias obras ven de publicar con Galaxia a obra “Galicia no labirinto da nova política”.