Artigos de Xoan Hermida

Canto a nós mesmos

Existe unha sensación clara e rotunda no electorado da esquerda de frustración. A marxe de dita sensación, moitas veces alimentada interesadamente por parte dalgúns medios e creadores de opinión, o certo é que tal como se viña desenvolvendo a evolución política das novas forzas (nomeadamente Podemos) desde o 2016 non era moi difícil imaxinar un desenlace como o que aconteceu o pasado 25 de xullo.

Desandar todo o camiño para coller unha senda verde

Un dos mitos sobre os que se asenta a realidade de Podemos, o outro que é a expresión partidaria do 15M, é que nunca unha forza fóra da dicotomía conservadores-socialdemócratas fora quen de ter unha proxección electoral tan forte no contexto europeo. A realidade é que o PCI e o PSUC ao inicio dos 80, o BNG a finais da década dos 90, Syriza en Grecia hai cinco anos ou actualmente varias forzas verdes amosan que as 'excepcionalidades' son máis frecuentes do que parece.

Estamos diante dun novo Amio?

Estes días, con maior ou menor argumentación, tense comparado o plenario de EnMarea do pasado sábado 27 de outubro coa asemblea do BNG de xaneiro de 2012.

Déjà vu

O próximo plenario de EnMarea vai ser importante (todos o están sendo) pois vai definir a estratexia do espazo político nun momento de cambios no estado e, sobre todo, diante dunhas eleccións europeas que deben ter un carácter central na recuperación da Europa social e democrática, polo cal non se poden abordar só desde a perspectiva de alianzas partidarias locais (nacionais ou estatais) senón de alianzas cidadáns continentais.

A segunda desafección

«M'han esgotat políticament i personalment», foi a expresión utilizada por Xavier Domènech na súa renuncia a todos os cargos institucionais e orgánicos, que non á política.

Partido, nin instrumental

Agora que as partes (os partidos non instrumentais) xa se están a desfacerse de todo rasquizo do 15M que lles podía quedar e non queren saber nada de cidadanismo, a dirección de EnMarea debería tomar a iniciativa política cun proceso de reestruturación (unha especie de 'perestroika') do proxecto.

A paisaxe despois da batalla

As últimas enquisas publicadas, tras a chegada ao goberno central do PSOE, veñen a apuntar que a disputa da hexemonía no campo simbólico da dereita vai estar rifada despois da freada en seco que a moción de censura propiciou a Cs.

Coalicións, sumas e restas

“Cero máis cero, máis cero, cero patatero” (Manuel Fraga, 1997.- a propósito da coalición PSdG-PSOE/EU-EG/Os Verdes).
Xoan Hermida Xoán Hermida González naceu en Pontevedra en 1965. Licenciado en Historia Contemporánea pola USC, Master en 'filosofia, cuestións actuais' e Doutor en Xestión Pública pola USC. Estivo ligado a diversos movemento sociais coma os Comités anti-Otan ou os CAF. Foi membro do Consello Confederal da CXTG, secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Parlamentar Mixto entre 1997 e 1999. Activista altermundista, participou no primeiro foro social europeo en Firenza. Foi Director da ONG AMARANTE desde outubro de 1999 a outubro de 2007. Foi coordinador nacional de Espazo Ecosocialista de febreiro de 2012 a xuño 2015. En maio de 2018 dimitiu da súa acta de deputado no Parlamento de Galicia, tras 12 días de aceptala, nos que quixo visibilizar a necesidade de situar á ética no centro da política. Na actualidade dirixe o Foro Obencomún e participa da Marea Pontevedra. Autor de varias obras ven de publicar con Galaxia a obra “Galicia no labirinto da nova política”.