Por E.P. | Ferrol | 08/11/2018 | Actualizada ás 20:35
Un veciño de Ferrol, M.G.C., de 73 anos, faleceu na tarde deste xoves tras ser atropelado por vehículo na confluencia da Estrada de Castela coa Estrada de San Xoan e Camiño de Barbeito.
O suceso aconteceu sobre as 18,30 horas, cando o peón foi alcanzado por un vehículo cando cruzaba a calzada. O condutor do turismo, J.M.D.P., de 41 anos, que foi detido por axentes da Policía Local de Ferrol tras dar positivo na proba de alcoholemia.
Tras o incidente desprazáronse ao lugar varias patrullas de axentes municipais, que regularon o tráfico na zona mentres que o ferido foi trasladado por unha ambulancia medicalizada do 061-Urxencias Sanitarias ao servizo de urxencias do hospital Arquitecto Marcide, onde faleceu. A vítima é veciño do barrio do Inferiño, nas proximidades do lugar do atropelo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.