Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2018 | Actualizada ás 11:07
A Policía Nacional detivo na madrugada do sábado a unha muller por apuñalar ao seu marido, de 55 anos, para supostamente defenderse dunha agresión machista en Monforte de Lemos (Lugo), segundo informan fontes da Policía Nacional.
O suceso, que ocorreu na zona coñecida como Casas Baratas, rematou coa hospitalización do home, que sufriu feridas superficiais e que se atopa fóra de perigo, segundo indican estas mesmas fontes.
Así, os axentes abriron unha investigación, que incluirá unha avaliación psicolóxica da muller e determinará se a presunta agresora actuaba en defensa propia. Estímase que a muller pase a disposición xudicial ao longo deste luns.
Tal e como indican fontes do 061-Urxencias Sanitarias, o home foi atendido polos servizos médicos e trasladado a un centro hospitalario nunha ambulancia asistencial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.