Feijóo, rodeado de mulleres, asegura que Galicia "non necesita máis pactos" contra a violencia de xénero

Agradece a disposición do PSdeG e censura actitudes "que buscan titulares" e que "van en contra da unión" contra o machismo. Evita responderlle a Pontón porque di "só busca titulares".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/11/2018 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que Galicia "non necesita máis pactos" contra a violencia de xénero, senón "cumprir" o Pacto de Estado aprobado no Congreso fai máis dun ano e no que a Comunidade galega xa "participou", tal e como reafirmou o mandatario.

Feijóo participa con militantes e cargos do seu partido nunha marcha en contra da Violencia de Xénero
Feijóo participa con militantes e cargos do seu partido nunha marcha en contra da Violencia de Xénero | Fonte: EP

Así respondeu Feijóo, a preguntas dos medios tras participar nunha camiñada contra a violencia machista organizada polo Goberno galego, ao ser preguntado sobre a disposición mostrada polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, para alcanzar co PPdeG un acordo autonómico nesta materia.

"Agrádanos que o Partido Socialista siga respectando o pacto que previamente pactamos e que previamente acordamos e que está plenamente vixente", manifestou o presidente galego que estivo rodeado por numerosas mulleres do seu partido.

Ademais, Feijóo rexeitou as disputas protagonizadas esta semana por deputados do PPdeG no Parlamento galego e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, despois de que a líder frontista, durante un pleno no Lexislativo, retase ao titular da Xunta a "demostrar que non forma parte dunha 'Manda'".

"ACTITUDE QUE BUSCA TITULARES"

Respecto diso, Feijóo instou a "ser razoables", á vez que aseverou que "calquera tipo de protagonismo e actitude que o que busque sexan titulares" son enfrontamentos "que van en contra da unión e en contra do pacto" contra a violencia machista.

"Espero e desexo que ese tipo de cuestións sexan illadas, e estou convencido de que os que as protagonizan estarán bastante arrepentidos de romper as unidades que nin o Goberno da Xunta, nin o Partido Socialista, nin a inmensa maioría dos galegos estamos dispostos a romper", esgrimiu. "Aquí non hai máis inimigos que a xente que atenta contra a saúde, o respecto e contra a vida dunha muller", sentenciou Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 humorismo pepeiro!!!

coma rodeado de mulleres, enton que é un sultan un pascha acaso, un califa, sacou a pasear as noivas do haren san pio-caetano??? onde estamos chegando coa degradación pepeira, ademáis non e todo certo na foto poden ver a militantes pepeiros (masculinos, xa non direi machos) seguramente levaron as suas mulleres e fillas... e algúns cecaquis as suas naiciñas que noxo frijoles que postureo... pero mire por moito que se rode, ninguen vai poder esquecer a foto do narcotrafeco...

3 límico

Este home forma é un responsable dun partido que se gaba de nomear aos xuíces do tribunal supremo. Xuíces que calan a boca cando os seus compañeiros deixan ceibos a maltratadores e violadores

2 MLON

A sección femenina

1 uu1

Cumprir os patos assinados? Com alguma data ou é um brindis ao sol? E que tal fazer um seguimento e melhora-lo com a analises os resultados?