“Non marchamos ata que non haxa un compromiso serio”

Os activistas de Rumbo a Gaza pecháronse este martes na embaixada de España en Grecia. Queren que o Goberno interveña para que poña fin ao seu “secuestro” polas autoridades helenas para seguir rumbo a Gaza.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 05/07/2011 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

Cinco galegos viaxan a bordo do Guernika, o barco no que tamén van outros 30 activistas españois e que forma parte da segunda Flotiña da Liberdade 'Rubo a Gaza'. Un deles é o responsable internacional da CIG, Moncho Boán que xunto con outros 21 integrantes do movemento solidario con Gaza, incluído o membro de Esculca Fernando Blanco, tomaron pacificamente a embaixada de España en Grecia.

“A nosa idea é seguir pechados na embaixada ata que non haxa unha resposta contundente e un compromiso serio por parte do Goberno español”, apunta Boán. O seu obxectivo non é outro que conseguir a intervención do Goberno de España para que interceda ante as autoridades gregas e deixe en liberdade aos 49 españois retidos (15 son membros da tripulación do barco).

Reunión co embaixador

Os 21 activistas tomaron a embaixada ás 13.00, hora local (unha hora antes aquí), mentres que outro grupo de cinco quedaba fora con pancartas alusivas ao secuestro do Guernika e do resto de 13 naves que compoñen a flota. A toma da delegación diplomática foi pacífica, “nós vimos a porta aberta e entramos. Ninguén nos impediu a entrada”.  Desde entón, mantiveron un encontro co embaixador para ver se o Goberno español intervén.
Non hai ánimos de embarullar nada, nin de enfrontarse coas autoridades españolas, senón de que estas faciliten a súa saída da illa de Creta, onde todos os barcos da flota 'Rumbo a Gaza' están retidos desde o pasado 1 de xullo e vixiados pola Armada grega.  “Non é lóxico que estando na UE, onde hai liberdade de tránsito, esteamos aquí sen que exista ningún cargo contra nós”, apunta.

“Perigo” para o Mediterráneo Oriental

Nos primeiros días retivéronos por cuestións “administrativas”, pero desde o pasado venres o Goberno grego aprobou unha orde ministerial que impide a súa saída ao consideralos “perigosos” para a seguridade do Mediterráneo Oriental.

“Trátannos coma terroristas”, apunta Boán que critica ao Goberno grego por “facerlle o traballo lixo a Israel”. O único que queren, di, é chegar a Gaza para entregar as 10.000 toneladas de axuda humanitaria que levan e criticar, ademais, o bloqueo da franxa por parte do Goberno israelí.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Axencia de colocación

Moncho Boán, responsàbel internacional da CIG? Mi madriña, ándache bo o patio. Se é un indocumentado da UPG que só saber repetir as consignas que lle di o seu superior, Duarte Correa, responsable do mesmo choio na UPG. Non tes nin idea pero queres ter un carguiño que che permita desertar da tiza? Ven para a UPG. Non tes choio pero queres que cho dean pola cara? A UPG xa se encarga diso. Que gran axencia de colocación é a UPG! :-)

4 Gamela

As autoridades israelís calificaron esta marcha coma "terrorismo non violento". Hai que ser israelí para calificar a non-violencia de terrorismo! RESISTIR é construir un século XXI en paz!

3 Bruno V

Muita sorte e muito animo a esta gente. Seguimos-vos desde o país dia a dia.

2 Xoelho

“Non marchamos ata que non haxa un compromiso serio”. Iso está MAL EXPRESADO. Cando non hai un compromiso serio é precisamente agora, non cando marchen. Marcharán cando haxa ese compromiso, non cando non o haxa.

1 Antón

Coido que hoxe un buque francés burlou o boikot. Sorte, hoxe por Gaza mañan por Grecia, pasado por Galiza (senon as privatizaron totalmente). Xudeos coma o catedratico canadense Choussudovski falan que os asentamentos sionistas e o bloqueo en Gaza teñen como fin facerse cos ricos xacementos de gas que recentemente atoparonse no subsolo de Gaza.