Román Rodríguez eloxia a "boa resposta" ás visitas de pago no Pórtico da Gloria

Destaca o "potencial cultural" e a "capacidade de arrastre turístico" desta "xoia da humanidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2019 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, eloxiou este xoves a "boa resposta" da sociedade ante o programa de visitas de pago ao Pórtico da Gloria, posto en marcha este mércores e que en só unhas horas esgotou as localidades de todas as quendas da primeira semana.

Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago restaurado. FUNDACIÓN CATEDRAL - Arquivo
Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago restaurado. FUNDACIÓN CATEDRAL - Arquivo | Fonte: Europa Press

En declaracións aos medios antes de participar nun acto en Santiago de Compostela, o conselleiro recordou o "potencial cultural" e a "capacidade de arrastre turístico" desta "xoia da humanidade" e viu "moi positivo" que, unha vez realizadas as obras de illamento do monumento para evitar que se dane polas intervencións no interior da Catedral, "as persoas sigan tendo ganas de contemplalo".

Con iso, e aínda que deixou os datos concretos aos xestores deste programa de visitas (a Fundación Catedral), Román Rodríguez indicou que son "datos moi positivos" que "fixan unha senda de promoción e posta en valor deste ben patrimonial" para o futuro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta