A Xunta insiste a Fomento para corrixir os sobrepezos das peaxes da autoestrada que une Santiago e Lalín

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade comunicouse co Ministerio de Fomento para que actúe con cleridade neste asunto e pide a implicación do delegado do Goberno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2019 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia instou ao Ministerio de Fomento a corrixir de forma "inmediata" os sobreprezos nas peaxes da autoestrada que une Santiago e Lalín, a AP-53, despois de que transcendese que se están cobrando 3,60 euros polo tramo comprendido entre Lalín e Silleda fronte aos 2,45 estipulados.

José Luís Ábalos, ministro de Fomento
José Luís Ábalos, ministro de Fomento

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informou de que a titular do departamento autonómico, Ethel Vázquez, dirixiuse o luns ao Ministerio para demandar que actúe coa "máxima celeridade" para solucionar esta situación.

Así mesmo, a conselleira reiterou este martes a súa petición e pediu a implicación do delegado do Goberno, Javier Losada, nesta cuestión. E é que, para Ethel Vázquez, esta situación é "intolerable" polo que pide que Fomento, ademais de arranxar esta cuestión, debe de dar explicacións aos usuarios.

Ademais, a conselleira cualificou de "sorprendente" o feito de que tivese que ser a Xunta de Galicia a primeira administración en desprazarse para comprobar que se estaban producindo estes sobreprezos e criticou que non o fixese a administración titular, o Ministerio de Fomento. De feito, segundo indicou, a resposta do Goberno de España á Xunta foi "solicitarlle a documentación acreditativa de que se estaba producindo este sobrecusto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta