Lugo promociónase nas grandes feiras de turismo

A provinicia promocionará a súa oferta en Fitur, o congreso sobre o Camiño de Santiago 'Fairway' e a feira 'Xantar'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2019 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

A provinicia de Lugo promocionará a súa oferta turística nas tres grandes feiras que se celebran nos primeiros meses de 2019: Fitur, que arrinca o próximo 24 de xaneiro; o congreso sobre o Camiño de Santiago 'Fairway' e, para rematar, 'Xantar', a única feira de turismo gastronómico acreditada a nivel estatal.

Promoción da provincia de Lugo
Promoción da provincia de Lugo | Fonte: Europa Press

O deputado de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal Baamonde, sinalou que "van ser dous meses de intenso traballo turístico", xa que " a participación nestas feiras supón un marco idóneo para dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece a provincia".

Así, Lugo estará presente en Fitur, que arrinca o día 24 de xaneiro en Madrid. Semanas máis tarde, a Deputación instalará a súa 'caseta' en 'Xantar', que se celebrará en Ourense do 6 ao 10 de febreiro.

Ese mesmo día dará comezo en Santiago 'Fairway', un congreso bienal centrado nas rutas xacobeas. A deste ano será a primeira edición na que participará Lugo.

"En Lugo temos máis de 8.000 quilómetros de itinerarios xacobeos, o tramo máis longo de entre as catro provincias galegas, que percorren 30 concellos, divididos entre catro rutas oficiais: Camiño Francés, Norte, Primitivo e de Inverno, ademais do Camiño do Mar", resaltou Vidal Baamonde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta