Gómez-Reino vincula as críticas ao seu liderado coa crise aberta entre Iglesias e Errejón

"É un momento extraño para que saia isto", di ao descartar realizar ningunha auditoría sobre os resultados que o levaron a liderar o partido.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/01/2019 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Podemos, Antón Gómez-Reino, replicou á deputada de Unidos Podemos Carolina Bescansa que o seu equipo "ratificou que todo estaba correcto" no proceso de primarias polo que el foi elixido para este cargo fronte á candidatura da parlamentaria. Ademais, vinculou a crise aberta en Podemos Galicia co que acontece en Madrid tras o anuncio de Íñigo Errejón de non concorrer baixo as siglas de Podemos.

Antón Gómez-Reino, líder de Podemos Galicia e deputado de En Marea. EN MAREA
Antón Gómez-Reino, líder de Podemos Galicia e deputado de En Marea. EN MAREA | Fonte: Europa Press

En concreto, Bescansa reclamou á Secretaría de Organización do partido morado que audite as primarias de Podemos Galicia nas que a socióloga santiaguesa resultou derrotada fronte a Gómez-Reino.

"Todo o mundo sabe que o procedemento estivo auditado. Auditado en presenza da candidatura de Bescansa que ratificou que todo estaba correcto e perfectamente auditado", incidiu a este respecto.

CONVERSA CON BESCANSA

Por outra banda, precisou que non falou con Bescansa, pero que si recibiu unha mensaxe dela. Sobre a súa demanda, explicou tamén que é unha cuestión "que ten que ver coa Comisión de Garantías". "Que decidan os que teñan que decidir", apostilou.

Preguntado polo momento en que fixo Bescansa esta petición, admitiu que "é un momento estraño para que salga isto". "Pero o momento en Podemos esixe traballar con calma e respectando as canles orgánicas", engadiu tras os problemas xurdidos en Podemos coa decisión de Iñigo Errejón de aliarse coa candidatura da alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena.

CAMBIOS NA COMISIÓN DE GARANTÍAS

Por outra banda, Podemos informou este xoves de que procedeu a cambiar os membros da Comisión de Garantías da formación en Galicia. Un anuncio que chega logo de que dous integrantes deste órgano pediran a realización da auditoría das pasadas primarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta