Urxen a Xunta a intervir na "grave situación" do colexio Junior's de Santiago

O centro pasou nos últimos anos dunha matrícula de 150 alumnos a 40, afrontar un ERE e ter as instalacións en pésimo estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2019 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino e o persoal do colexio Junior's de Santiago de Compostela instaron á Consellería de Educación a intervir na "grave situación" na que se atopa este centro, "tras pasar nos últimos anos dunha matrícula de 150 alumnos a 40, afrontar un ERE e ter as instalacións en pésimo estado".

Colexio Junior's de Santiago.
Colexio Junior's de Santiago.

Tal como sinalou o responsable comarcal da central sindical, Rubén F. Monteagudo, hai "indignación" pola súa situación e polas declaracións do administrador, que os acusa de falacias".

Monteagudo cualificou a situación do colexio como "lamentable" e indicou que os case 20 traballadores do centro "son as principais vítimas da mala xestión do administrador".

Neste sentido, a CIG-Ensino asegurou "ter constancia" de que hai tres profesores que non cobraron o mes de decembro e que o resto de mestres están a cobrar unha tarifa plana de 1.200 euros mensuais, "o que incumpre claramente o convenio ao conter xa as pagas extras prorrateadas".

"Esta cantidade está moi por baixo do salario estipulado para as categorías de profesorado de Primaria e Secundaria", subliñou Monteagudo.

Pola súa banda, a central sindical presentará unha nova denuncia diante da Inspección de Traballo despois de que a anterior se resolvese "unicamente cunha carta na que se informaba de que lle foi aberto un expediente ao administrador do centro por non comparecer nin presentar a documentación que se lle pedía", pero "sen aclarar as medidas efectivas que se ían a adoptar respecto diso".

"É imposible que a administración non coñeza esta situación", insistiu Monteagudo, quen engadiu que "se coñece esta situación, ten que actuar de inmediato para non ser cómplice da xestión do administrador desta empresa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta