Lídia Senra pide á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo regulamento

A Comisión Europea quere revisar o Réxime de Control de Pesca coa excepción das flotas pesqueiras exteriores que están noutro réxime xa revisado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2019 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A eurodeputada Lídia Senra mantivo un encontro este martes coa asesora legal da Unidade de Control da Pesca e Inspeccións da Comisión Europea, Laurence Cordier, a quen trasladou a demanada de que a pesca artesanal quede fose do novo Regulamento de Control da Pesca.

Segundo indicou Senra, na actualidade, as medidas polas que se establece o Réxime de Control da Pesca (RCP) da Unión Europea para garantir o cumprimento das normas da Política Pesqueira Común están recollidas en catro textos lexislativos distintos: o Regulamento de control da pesca; o Regulamento polo que se crea a Axencia Europea de Control da Pesca (AECP); o Regulamento polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non reglamentada e o Regulamento sobre a xestión sustentable das frotas pesqueiras exteriores.

A proposta da Comisión Europea sobre a que está a traballar agora o Parlamento Europeo ten por obxecto revisar o conxunto do RCP, a excepción do Regulamento sobre a xestión sustentable das frotas pesqueiras exteriores, revisado recentemente.

O informe elaborado pola Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, vinculado á proposta de modificación do Regulamento de control da pesca realizada pola Comisión, será previsiblemente votado polo pleno do Parlamento Europeo do mes de abril, polo que o próximo 5 de febreiro termina o prazo de achega de emendas

Segundo explicou Lídia Senra, a proposta de regulamento sobre a que se traballa "non está adaptado en absoluto á pesca artesanal", en cuestións como a aplicación das medidas técnicas que, tal e como están recollidas a día de hoxe na proposta de modificación do Regulamento, levan "aínda unha maior burocratización, moi dificilmente asumible polos barcos pequenos", o que tamén abarca "certas incorporacións tecnolóxicas".

"A conclusión é clara. Só hai dúas opcións: ou retirar a pesca artesanal desta proposta de modificación do Regulamento de Control ou incluír nel medidas específicas, traballadas co sector, que teñan en conta a realidade da pesca artesanal. Porque, tal e como está a día de hoxe a proposta de modificación do Regulamento, só poderiamos apoialo se a pesca artesanal e de pequena escala quedan excluídas da súa aplicación", concluíu Senra.

Lídia Senra. REMITIDA
Lídia Senra. REMITIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta