Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/09/2011 | Actualizada ás 12:19
Laureano López, que ata agora era xefe da información local da Coruña, pasará a ser o novo xeve de sección de Galicia de La Voz de Galicia, un cargo que asumirá o vindeiro día 15. No seu posto quedará, de forma interina, Francisco Espiñeira.
Este cambio tamén trae aparellado outros. Na mesma data, Manuel Blanco, que etá adscrito á sección de Galicia, asumirá novas responsabilidades no organigrama do xornal como delegado de Pontevedra e Arousa.
Reforzar o norte de Pontevedra
O obxectivo de La Voz, segundo as fontes consutladas, é reforzar as delegacións de Pontevedra e Arousa, para potenciar a presencia deste medio na área norte da provincia de Pontevedra. Mercedes Escauriaza incorporarase ao equipo de reporteiros do xornal e Xurxo Melchor reforzará ao equipo de redactores da delegación en Santiago.
Estes cambios, que se producen cando a empresa e os sindicatos negocian un novo convenio de empresa, pretenden reforzar o peso deste xornal na provincia da Coruña e no Norte de Pontevedra. De feito, e traso plan de case 200 despidos presentado pola dirección, traballadores e Comité de Empresa temen que se despidan, sobre todo, aos redactores das delegacións, principalmente, os da provincia de Ourense e Pontevedra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.