Morre un operario en Brión ao caerlle a rama dunha árbore encima

O incidente sucedeu na estrada que une Urdilde e Negreira, nas proximidades da igrexa de Luaña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2019 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Un traballador faleceu na mañá deste martes nun accidente laboral rexistrado ao caerlle encima unha rama dunha árbore no termo municipal de Brión (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, o incidente sucedeu na estrada que une Urdilde e Negreira, nas proximidades da igrexa de Luaña. Foi un particular quen contactou co 112 Galicia para avisar deste accidente laboral sobre as 10,55 horas. Tras iso, os feitos foron postos en coñecemento do 061, que debido á gravidade da situación, mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Ademais, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil e do GES de Brión.

A pesar dos esforzos por salvarlle a vida ao traballador, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Árbore cortada
Árbore cortada | Fonte: Amigos da Terra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta