Nova edición das xornadas "Lacónicas" do 25 de febreiro ao 10 de marzo na Coruña

Tamén se abre o prazo desde este luns para inscribirse nas actividades paralelas que inclúen un mercado medieval.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/02/2019 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A Coruña acollerá do 25 de febreiro ao 10 de marzo unha nova edición das xornadas 'Lacónicas', "unha cita consolidada no calendario coruñés e que pon en valor o menú por excelencia do Entroido".

Así o expuxo o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, na presentación do IV Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos. Nelas, participan 32 establecementos de hostalaría.

Ademais, o Consorcio de Turismo abre este luns o prazo de inscrición nas actividades paralelas, que inclúen unha degustación gratuíta de filloas e orellas no mercado municipal da praza de Lugo o 2 de marzo.

Presentación Xornadas Lacónicas coa presenza do concelleiro Alberto Lema. CONCELLO DA CORUÑA
Presentación Xornadas Lacónicas coa presenza do concelleiro Alberto Lema. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta