Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2019 | Actualizada ás 20:49
Unha iniciativa de En Marea foi aprobada este mércores na comisión de Cultura do Congreso para garantir a normalización do galego e que se cumpran cos dereitos lingüísticos. Diso informa a formación nun comunicado, no que informa que PP e Cs votaron en contra. Respecto diso, o deputado Miguel Anxo Fernán-Vello carga contra "as falsidades, mentiras e patrañas da dereita e extrema dereita sobre a situación da lingua galega".
"En Galicia aínda temos que lidar coa diglosia. Non existe igualdade lingüística, reclamamos igualdade", demanda o deputado, quen lamenta a "anomalía incompresible" de que "sempre houbo unha resistencia obstinada a aceptar a riqueza lingüística".
A este respecto, enumerou diversos incumprimentos por parte do Estado relativos á falta de atención en galego na Administración Xeral do Estado, como non poder renovar o DNI ou o pasaporte, encher formularios, así como realizar denuncias ou trámites, por exemplo. Tamén censura a falta de respecto á toponimia oficial galega por parte de organismos como o Ministerio de Fomento ao longo dos últimos anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.