O reto de Converxencia XXI

A formación liberal celebrou hai uns días o seu segundo congreso e fixou como obxectivo conseguir os avais para presentarse as eleccións xerais. Galicia Confidencial conversa co seu reelixido secretario xeral, Carlos Vázquez Padín.

Por Xurxo Salgado | Tui | 03/10/2011 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

"Para un partido ainda moi novo como o noso traballarmos para conseguir os avais para presentarnos a unhas xerais é un reto complicado, que como se sabe son as eleccións máis dificiles para un partido de ámbito infraestatal". Así de contundente e claro se amosa Padín sobre o gran reto da súa formación para as vindeiras semanas; superar o corte establecido na recente modificación da LOREX (Lei Organica de Réxime Electoral Xeral) que no seu artigo 169.3 exixe so para os partidos que non teñen representación nas cortes os avais do 0,1% do censo de cada provincia ou circunscripción.

En declaracións a Galicia confidencial, o líder de CXXI asegura que, a pesar das dificultades, ao seu partido "non lle asustan os retos". "Sabemos que para chegar algún dia hai que comezar por construir os alicerces con constancia e dedicación, é neste contexto que se explica a nosa aposta por tratar de concorrer ás eleccións xerais", asegura.

2.690 sinaturas


Durante os vindeiros días, os militantes de Converxencia XXI sairán ás rúas para conseguir eses avais que lles permitan participar nas eleccións xerais do 20N.  Son 2.690 sinaturas, distribuídas por provincias, as que necesitan para poder participar nos comicios ao Congreso ou ao Senado. Por iso, insiste en que o aval non compromete a nada, nen significa, en ningún caso, o voto. "O aval vale unicamente para que a formación galeguista e centrista poida concorrer ás eleccións e dotar a Galicia dunha nova voz forte e sensata".

No seu congreso esta formación centrista e galeguista volveu apostar polo respecto á liberdade de prensa, a independencia xudicial, a loita contra a corrupción e o estímulo da competitividade. De cara ás eleccións, Converxencia 21 conta con conseguir avais para presentarse nas catro provincias galegas, cun programa que estará centrado na "austeridade real e non propagandística", na reforma da administración, e en recortes "que non poñan en compromiso os dereitos fundamentais dos cidadáns". Para Padín, "a educación e a sanidade teñen que ser as áreas a salvar. Pero socialistas e populares, por non recortar os seus propios privilexios, acaban recortando a educación e a sanidade".

Sobre a situación política actual, Padín di sentirse "preocupado" polo "fondo deterioro" da democracia en España. "A casta de PP e PSOE non dan pasos no sentido de reformular o estado para facelo máis eficiente e profundizar a democracia senón todo o contrario, o que fan é manter os chiringos onde miles dos seus fieis se alimentan a base de todos os contribuintes, como as deputacións ou os pequenos concellos que non son viables", denuncia.

O "secuestro" de PP e PSOE

Unha crítica que xa fixo nas páxinas do GC e que reitera porque considera que o PP e o PSOE "teñen secuestrada a democracia e non queren concorrencia como demostra a modificación da Lei Electoral", que impide aos pequenos partidos presentarse ás xerais.

En maio de 2011 Converxencia XXI conseguiu o seu primeiro concelleiro en Tui, precisamente, na persoa de Carlos Vázquez Padín. Por iso o segundo congreso de Converxencia XXI tivo lugar na vila tudense, onde se reuniu medio cento de compromisarios chegados de toda Galicia e da emigración. O obxectivo do Congreso, a dous meses das eleccións xerais, era ampliar a executiva da formación e aprobar reformas estatutarias de carácter técnico que lle dean máis marxe de traballo á directiva.

A nova executiva de Converxencia XXI, respaldada pola unanimidade do Congreso, estará composta por nove membros. O novo secretario de organización será o compostelán Xosé Febrero e o responsable do financiamento o cangués Antonio Pérez. Tamén haberá responsabilidades específicas para a mocidade (Mateo Franco), para a comunicación interna (Javier Abad), ou para o merchandising e a comunicación externa (Xosé Luís Reza).

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 82 comentarios

15 sensato

A verdade é que a cobertura dada a este partido político é desproporcionada en relación ao seu número de escanos. Pero tamén é verdade que esta formación esfórzase por emerxer, por darse a coñecer, por dar entrevistas, por saír nos medios. Non van ir a tua casa a facerche unha entrevista ou cobrir unha nova, tes que ser ti quen se mova. E nese senso CXXI está a facer un traballo inmellorábel e indubidábel, independentemente de todo o demais.

14 Rail

Coño, un novo partido friki.

1 André

Completamente de acordo e ademais que CENSURA.

13 Mercedes

A los del BNG les pone furiosos cualquier paso de este pequeñito partido.Debe de estar muy mal el tema del Bloque por dentro. Me parto. Yo no los voy a votar, votaré IU. El BNG me disgusta mucho. Mas, dónde se os puede firmar para que os presenteis?

1 Cobillón

Pide o teu documento en caixadecorreo@converxencia.eu

2 Lucas

Por se non o sabias Mercedes este partido presentou de cabeza as municipais da Coruña a un rapaz con pasado neonazi. Hai mesmo fotos no que se lle ve sostendo simbolos fascistas e rodeado de persoas facendo o saudo hitleriano. Mira ben a ver a quen lle das o teu aval. Se votas a IU se cadra sería mais congruente que deras o teu aval a Equo e non a esta secta

3 Lucas

Por se non o sabias Mercedes este partido presentou de cabeza as municipais da Coruña a un rapaz con pasado neonazi. Hai mesmo fotos no que se lle ve sostendo simbolos fascistas e rodeado de persoas facendo o saudo hitleriano. Mira ben a ver a quen lle das o teu aval. Se votas a IU se cadra sería mais congruente que deras o teu aval a Equo e non a esta secta

4 edelmiro

Non que os vendidos de IU non son unha secta, a mais mafiosa coma denunciaron propios militantes perseguidos pola dirección de IU comunidade de Madrid, lixo espanholista. E dos ecobelicistas de Equo non vamos a falar apuntandose a cantas guerras imperialistas hai no mundo, debe ser que o gas mostaza é bó prós pulmons.

5 Cobillón

Lucas, ese rapaz xa non é militante de CXXI. Por que será?

6 Iriana

Primeiro riome do único partido que loita polos intereses de todos os galegos, namentres me volvo máis provincia e durante o proceso Galicia fica máis desatendida, esquecida e periferica. E logo, Galicia es una mierda. Non sei porque será, non sei porque será. CXXI se tanto alabades a Ciu máis vos valeria loitar contra o PP e deixar de dar tanta guerra por roubar 4 ou 40 votos do BNG, dame igual, a defensa de Galicia debería servos primordial.

7 Rayleigh

Bueno cobillón...non será militante, pero o colocastes de cabeza de cartel nada menos!! Non estamos falando dun militante de base. Estamos falando dunha persoa destinada a ser, por presentarse na cidade máis importante da provincia, un peso pesado do partido. Un bo ridículo fixestes. Botandoo fixestes o único que podíades facer

8 Cobillón

Rayleigh: Supoño que en CXXI non farán investigacións internas para ver a pureza da súa xente. Supoño que haberá presunción de inocencia. Por certo infórmoche que non botei a ninguén, se te fixas sempre falo de CXXI en terceira persoa. Iriana: Os votos son só dos votantes. Ninguén rouba votos ao BNG nin ao PP. Os votantes escollen libremente a quen votan. Os que deixen de votar ao BNG por facelo por CXXI son tan demócratas coma os que fagan o camiño inverso. Concordo contigo de que a defensa de Galicia é primordial.

9 milucho

Na miña vida sentira fascistada tal como a de "roubar votos".

10 PolíticosNON

E o señor Padín non é máis que un renegado do BNG... coma Federico Jiménez Losantos e o seu pasado troskista. Non hai cousa peor nesta vida que os renegados...

11 xurxo

Tamén en Yoavalo.com Que bo é que agromen este tipo de iniciativas. +1 para EuAvalo

12 Mercedes

Muchas gracias por la información. Ya os avalé.

12 Cobillón

Realmente hai xente moi nerviosa por un partido tan, tan pequeno. Seguro que se a noticia fose que o partido independente de cuspedriños estivese pedindo avais íades poñervos igual de nerviosos. Parece que hai moita xente que ten medo a perder o chiringo bipartidista montado (PP vs. PSOE-BNG)

1 Rayleigh

Si bueno..preocupame máis UPyD que conseguiu..o triple de votos que este partido co mesmo tempo existindo? Algúns deberían facerse unha cura de humildade antes de pensar que o mundo xira o seu redor.

2 Cobillón

UPyD leva máis tempo existindo (De feito UPyD) xa ten deputada no congreso e C21 non se presentou nas pasadas. Ao respecto da cura de humildade tomo nota. Os que vos preocupades por C21 tomades nota?

3 Nerviosismo total

De feito, Sain e o Partido Independente de Cospeito de Arriba, de nerviosos que están, xa convocaron xuntanzas de urxencia.

4 Rayleigh

A ver Cobillón..Primeiro: UPyD ven de decembro do 2007. CXXI moito máis xoven non é. Aínda así, sácavos o triple de votos en Galiza. Segundo: Andades coma tolos buscando..cantas? 3000 firmas? A ver se as conseguides. Terceiro: Iso sen contar cos 10 partidos ou máis que vos pasaron por riba vosa nas anteriores eleccións. E con estes vimbios, vas de perdoavidas? O teu ego é máis propio para o PP que para CXXI. Se fora polo teu ego, trabucasteche de partido.

5 Cobillón

A ver Rayleigh: En primeiro lugar, dixen que o da cura de humildade tomaba nota. Ti debiches aprender a ler coa LOXSE porque xa o dixen. Non está de máis unha cura de humildade. UPyD ten o dobre de anos que C21 e moita máis cobertura mediática polo menos por Rosa Díez (quen é líder deles en Galicia?) Nas anteriores eleccións moitos partidos pasaron por riba de C21. Seino e que? Iso resta valor ao traballo de C21 ou de calquera partido? Tamén é sabido que a relación cartos gastados-votos é moi baixa en C21. Se C21 tivese os cartos para a campaña que ten IU, UPyD, e non digamos BNG tería outros resultados, ou non?

6 Rayleigh

A ver..o que parece da LOXSE es ti. Non ves como é ridícula a pose de perdoavidas de tódolos simpatizantes de CXXI que andan por aquí (sintoó..non eres o único). Un partido sen cabeza, sen case militantes, consegue o triple de votos que vos. E logo outros 10 pásanvos por riba, algúns dos cales non son máis que pandas de amigos. Non dubido do traballo da xente de CXXI. Pero si vexo como algúns encárganse de botalo abaixo con actitudes como a túa. E non todos son cartos rapaz. Senón pregúntalle a Carlos Marcos cando presentouse nas municipais de A Coruña no 2007. O tipiño gastouse máis que o PP en propaganda e non se comeu unha rosca. Se ti pensas que todos son cartos, vas mal. Ah..e aínda non sodes o partido comodín, como foi no seu tempo o BNG ou agora IU, que a xente pode votar para non votar os demáis. Faltavos tomar aínda moito cola cao electoral. Baixa marchas.

7 mareque

Pregunta Rayciño polos cartos que lle debe o BNG a Caixanova, logo Nocaga, despois Nocaga Banco... E despois entenderás o comportamento do partido que tanto defendes... E se non querían os cartos para os votos, para que se pregaron ante os intereses de Gayoso e Cia? Vai dar leccións a outro lugar que aquí coñecemos o teu historial.

8 Cobillón

A ver, Rayleigh, en primeiro lugar gustaríame saber en que detectas a miña "pose de perdoavidas", simplemente por aprender de ti. Penso que tes a actitude de descualificar pero non sei o motivo polo que descualificas. Antes faltábame humildade, agora perdoo vidas... en fin que debo ser unha especie de Chuk Norris á galega. Estás realmente seguro que Carlos Marcos gastou en publicidade máis que o PP? Estás completamente seguro? Non sei o que gastou nin o PP nin CXXI pero dáme a sensación de que diferencia está canto menos nun 0. Xa sei que o importante non son só os cartos pero está claro que nisto axuda e moito. Se ti tes comprado La Voz os resultados son mellores que se non o tes comprado. E iso son cartos. Ao respecto do colacao electoral aí teño que darche a razón, sen dúbida. Pero vanse dando pasiños e se cadra dentro duns anos algúns teñen que tomar tila electoral.

9 Rayleigh

Eu vivín en Coruña nesas datas e os únicos carteis que vías era do Partido galeguista de Carlitos (Vergoña deberían ter os dirixentes deste partido por levar a ese persoaxe). Iso non sae barato. Mesmo a Xunta electoral chamoulle a atención por sacalos antes de tempo. Por cartos? Ía sobrado. Logo montou un chiringuito que ata presentouse as autonómicas e poñendo varias vallas durante 4 anos. E todo para que? Os cartos non fan moito se non hai nada detrás. Non confundas. O PP sen propaganda, seguro que non consegue o mesmo, pero fírmoche que conseguiría o 80-90 % dos resultados con publicidade. Por iso, pódoche asegurar que CXXI cos cartos do PP, non conseguiría moito. Fáltavos algo. E iso é "a sensación de poder".

10 Rayleigh

En canto o demáis: considero a falta de humildade e ir de perdoavidas cualidades idénticas. Teño dado a miña opinión crítica co BNG moitas veces por aquí. O que pasa é que non recurro as chorradas de "pagamerendas" que practican por aquí e insinuar cousas das cales non teño nin idea. CXXI, está aínda a anos luz de por nervoso a alguén. Apenas conseguiu 2000 votos en toda Galiza e necesita 2700 firmas. Ti cres que con estes vimbios pode poñer nervoso a alguén? Ti cres que se pode entrar nun foro así? Pois ti mesmo. Non hai nada malo e esto é un país libre. Pero logo non te queixes de que te respondan.

11 Sensacionalista

Iso de "sensación de poder" que é? A continuación de "sensación de vivir"?

12 Rayleigh

A ver machiño nº 11. A xente entrega a súa alma por que un ministro lle dea a man nun mitín ou pola rúa. Por que cres que os ministros, conselleiros e demáis pateánse as rúas cando o resto do ano nin a pisan? Por que moitos por un apretón de máns ou unhas verbas amables, votan a quen sexa sempre é cando ese alguén sexa alguén "importante" e desborde éxito aínda que sexa un corrupto. E iso CXX non o terá, no mellor dos casos, nos próximos 25 anos.

13 miragaia

Pobre fenómeno dos estudos sociais arredor de comentarios nos foros, non te preocupes que imos pedirlle axuda a Fernando Blanco e xa verás como medramos, especialmente se contamos con axudas de empresarios xenerosos. Anda neniño dos foros, vai tapar noutro fio que andan escasos de lacaios.

14 Rayleigh

Pois nada..estou trabucado e ti tes razón. A xente góstalle rodearse de poder e apuntarse a cabalo gañador. Por moito que despotriquen logo. Pero seguro que son imaxinacións miñas. O importante é ter moreas de cartos é poñer cara de bó. Nos mundos de Yupi tal vez...pero no Planeta Terra, non é así.

11 eimiuainjaus

Se nos descoidamos, até a "Unión Independentes de Foz" obtivo máis votos que Converxencia21 en toda Galiza. Padín é o digno lider do seu partido-pantasma, el é unha pantasma tamén