O BNG di que vale máis un dos seus deputados en Madrid que os 23 "subordinados" de PP, PSOE e En Marea

Di que as Xerais abren unha oportunidade para que Galicia "teña voz propia".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/02/2019 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou que a convocatoria electoral do próximo 28 de abril abre unha "oportunidade" para que os galegos volvan ter "voz propia" no Congreso, con representantes que "dean a cara" polos intereses de Galicia.

Ábrese "unha oportunidade para que os galegos esteamos presentes con voz propia no Congreso, para acabar coa discriminación de Galicia e a irrelevancia política á que nos conducen as forzas estatais", manifestou a líder do Bloque nunha rolda de prensa convocada despois de que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciase a data dos próximos comicios xerais.

Na súa intervención, a dirixente nacionalista definiu ao BNG como unha forza "sólida e forte" que está "motivada" para esta cita coas urnas, na que irá "a por todas" coa "firme idea" de que Galicia ten "peso" e necesita que unha organización como o Bloque estea no Congreso dos Deputados.

E é que, segundo indicou, a lexislatura que termina foi "moi clarificadora" cun PP de Rajoy que, na súa opinión, representou "o peor da política" e, despois, cun goberno de Sánchez que "demostrou que para eles Galicia estaba ausente, exactamente igual que co anterior executivo".

"Vimos como se mantivo o agravio, a discriminación. Púxose de manifesto a irrelevancia de Galicia cando non hai unha voz que defenda aos galegos", subliñou a líder do Bloque, que destacou que as eleccións de abril supoñen unha oportunidade para "abrir un novo ciclo". "Os galegos merecémonos respecto, recoñecemento e un trato digno e xusto", apuntou.

CRÍTICAS A OUTRAS FORZAS

Na súa comparecencia ante os medios, Ana Pontón censurou que, nesta lexislatura na que Galicia "estivo ausente", os deputados elixidos por Galicia doutras forzas --PP, PSOE e En Marea-- "antepuxeron os instereses partidistas aos dos galegos".

"E iso ten consecuencias", denunciou Pontón, que asegurou que, a pesar de que na Comunidade galega "hai moitos dependentes sen atender", "non se lle reclama ao Estado que pague a débeda --con Galicia-- en dependencia". "Temos as segundas pensións máis baixas do Estado e non hai compensacións, non hai recursos para rexenerar as rías, non soben as peaxes", lamentou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na rolda de prensa
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Vale máis Oriol Junqueras en Bruxelas cos votos dos galegos ?

1 Prístino

Pra eleiçons europeias garante-se a presença galega proporcional em tempo aos resultados obtidos. Quer dizer, todos os votos pra o BNG derivarám na representaçom da Galiza em Europa. U-lo problema de irem em coaligaçom com esta fórmula?