Temas: EXPLOSIóN TUI

Afectados pola explosión de Tui reclaman ao Goberno que cumpra "as súas promesas" e aumente as axudas

Denuncian tamén que existen propietarios de segundas vivendas que non recibiron as axudas e non quedaron exentos do IBI.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2019 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

Ao redor de medio centenar de afectados pola explosión dunha pirotecnia rexistrada en maio de 2018 en Tui, concentrouse este venres en Pontevedra para instar o Goberno a "cumprir as súas promesas" e aumentar as axudas aos damnificados. O presidente da Asociación de Afectados Paramos-Guillarei, Salvador García, explicou que con esta protesta, celebrada ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, os afectados buscan dar visibilidade á súa situación "e que se saiba que aqueles máis prexudicados pola explosión seguimos recibindo as mesmas migallas".

Segundo indicou, as súas necesidades "seguen sen ser atendidas" como se lles "prometeu que serían" a pesar das reunións mantidas coa Subdelegación do Goberno "antes e despois" da redacción do Real Decreto de 25 de xaneiro, que permite a adopción de medidas urxentes para paliar danos causados por catástrofes e que, segundo afirman, "non" lles "soluciona nada" e mesmo "prexudica máis" aos propietarios de segundas vivendas.

A este respecto denuncian que, a pesar de que se incrementou a contía das axudas destinadas a zonas catastróficas, existan propietarios de segundas vivendas que, ademais de non percibilas, non se viron exentos do pago do IBI. Así, os afectados critican que se lles esixa o cumprimento duns "requisitos de renda extremadamente baixa" para acceder ás subvencións, o que leva que "moitos veciños" non poidan optar ás mesmas.

"CUMPRIR AS PROMESAS"

Por esta razón, instan o Goberno central a "cumprir as promesas" realizadas respecto da atención aos afectados pola explosión pirotécnica que provocou o falecemento de dúas persoas. "Somos un pobo enganado pola palabra de certas personalidades políticas que, na procura da fotografía e o titular, vendeunos fume e deixounos sen nada", denunciaron.

Este venres reprocharon o "desinterese" dos responsables políticos pola súa situación "porque na zona cero á que correron a facerse a foto e a encherse a boca de compromisos queremos volver levantar os nosos fogares e, para iso, necesitamos o respaldo das institucións e non a súa cambadela".

Cascallos na zona cero da explosión no barrio de Paramos.. CONCELLO TUI - Arquivo
Cascallos na zona cero da explosión no barrio de Paramos.. CONCELLO TUI - Arquivo

Temas: EXPLOSIóN TUI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta