O presidente do TSXG críticos con procesos xudiciais como os de Pilar de Lara

"As instrucións xudiciais non poden ser un fin en si mesmo, senón un medio para aclarar o que sucedeu e clarificar se hai materia delituosa", suliña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2019 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, afirmou este luns en Lugo que as "instrucións xudiciais non poden ser un fin en si mesmo, senón un medio para aclarar o que sucedeu e clarificar se hai materia delituosa".

Así o manifestou, a preguntas dos medios, ao ser interpelado sobre o expediente aberto polo Consello Xeral do Poder Xudicial contra a titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, por dilacións indebidas en macrocausas que instrúe, como a 'Pokemon'.

Cadenas insistiu en que as instrucións "son un medio e, por iso, o instrutor ten unha responsabilidade especial como xuíz que é, e como técnico que ten que ser en materia de investigación penal".

"Por tanto, o desexable é que a instrución dure o tempo imprescindible para a investigación. Isto hai que analizalo e examinalo en función do feito investigado, por iso desde fóra é moi difícil facer un xuízo sobre a conduta dun instrutor", sinalou.

"EN ESPERA"

En canto á xuíza Pilar de Lara, lembrou que "hai un expediente en trámite no Consello Xeral do Poder Xudicial e, por tanto, hai que estar á espera de que se resolva, que está en tramitación".

"Estamos nun momento de espera, desde o respecto aos dereitos de todas as persoas que tamén os temos os xuíces cando nos vemos involucrados nun expediente disciplinario e mesmo nun procedemento penal", comentou.

"Por tanto, os expedientes disciplinarios son materia reservada e aínda encima este está en trámite e hai que esperar que resolva o órgano competente (que é o Consello Xeral do Poder Xudicial)", concluíu Cadeas.

O presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas,  nunha entrevista
O presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, nunha entrevista

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta