Son 40 os millóns que cobran os que levaron ás caixas á ruina

Tras filtrarse as indemnizacións dos ex-directivos de Caixanova, agora coñécense as dos de Caixa Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/10/2011 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Era cuestión de tempo. A filtración, dende a propia entidade, das enormes cantidades que cobraron os directivos de Caixanova, uns 20 millóns, desatou unha enorme tormenta política e de indignación cidadá.

None

Faltaba coñecer canto cobraran os seus homólogos de Caixa Galicia, antes de abandonar tamén a dirección da NCG, que acaba de rescatar o Estado como produto, entre outros factores, da pésima dirección destes executivos cegados pola cobiza do 'boom do ladrillo'.

A filtración publícaa desta vez Faro de Vigo, diario con bos contactos na cúpula de Caixanova.

"Dos exdirectivos de Caixa Galicia, José Luis Méndez, director general hasta septiembre de 2010, y Javier García de Paredes, antiguo director general adjunto, y otros ex altos cargos de la entidad que tenía sede en A Coruña recibieron en torno a 20 millones al abandonar la cúpula de la caja gallega ....) Otros cinco altos cargos de la caja, entre los que se encontrarían Juan Dapena y Julio Rivero, también procedentes de Caixa Galicia, recibieron también compensaciones".

Búscase responsábel político

E quen o responsábel político de que os directivos de dúas entidades salvadas con millóns de euros públicos marchen á casa con uns 40 millóns en indemnizacións? Como era de agardar, ninguén pronuncia o 'mea culpa'.

O presidente da Xunta bota balóns fóra. O Executivo nomea un representante no Consello de Administración de Novacaixagalicia, como nomeaba un representante nos de Caixanova e Caixa Galicia. O Goberno Galego tutelou ademais a fusión das caixas, arremetendo numerosas veces contra o Banco de España cando Madrid alimentaba dúbidas sobre a solvencia das entidades.

Con todo, Alberto Nuñez Feijóo teima en culpar ao Banco de España, dependente do Estado, por non controlar a tolemia inmobiliaria. Velaquí as súas explicacións, un tanto confusas, onte nun almorzo informativo de EP:



Nin Feijóo nin a Conselleira de Facenda compareceron aínda na Cámara para dar explicacións oficiais.

O PP culpa agora a unhas medidas contra as que non votou

A nivel estatal, o PP tamén culpa a ZP do decreto do FROB que falcultou o rescate dos bancos sen pór límites ás indemnizacións dos directivos. Cómpre lembrar que o PP non votou en contra dese decreto nas Cortes.

En Galicia, o representante do Concello de Pontevedra no consello de Administración, José Luis Veiga (BNG) pediu a dimisión inmediata de todo o consello de administración. Polo de agora só demitiu Mar Barcón, que levaba anos como conselleira de Caixa Galicia.

Os nacionalistas, que xa o principio do proceso advertiron que todo acabaría coas caixas privatizadas, levan días reclamando unha Comisión de Investigación no parlamento. Nin PP nin PSOE queren escoitar dela.

Mentres, seguen medrando as dúbidas sobre a xestión de Caixanova e Caixa Galicia. Para mostra, o escuro negocio da compra dunha hidroléctrica no Perú en pleno proceso de rescate.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

8 xanxanxan

Onde está o Manoliño?

7 rover

daralle santi rey e la coz antigallega outra medalla????? publicará la coz antigallega en portada que o sr. mendez levase 12 milloncetes de euros????? daralle frijolito outra medalla Castelao por defender tamben os intereses dos galegos?????

6 Costadamorte

Empezan a publicarse datos... http://www.elconfidencial.com/econo... Seguro que se miran ben, hai mais...

5 Costadamorte

Sede bos xornalistas e valentes, investigade e publicade canto levouse cada un da familia Mendez...

1 Costadamorte

E mirade si Moreda ten tamén algunha clausula segreda autorizandolle unha "indemnización"...

4 Manoliño

Yo ser Manolo, nacionalismo (el gallego claro), malo, muy malo, yo ser español, Feijoo bien, uh, uh, uhhhhhh, uhhhhhhhh, uh uh uh, oink, oink, oink, uh, uh, grhhhhh, grhhhhhhh

1 ManoIo2

Galicia y los gallegos se someten a la Constitución y los nacionalistas ya os podeis ir largando que Galicia no es más que pobreza y siempre ha sido gracias a que es parte de España que comeis todos los días.

2 Lucense

O energúmeno brutamontes vem hoje com forças renovadas e com a mesma atutude insultuante de sempre.

3 Andamolho

manolo2,carinho dame mais, peghame asi insultame chamame separatista dime españolazo,si mais outra vez, como me pom. Por certo a que te volviche esquecer de tomar a pilula, mira que che dixem quando me erguin, carinho toma a pilula que ja sabes como te pos se a esqueces.Um beijo, vexote mais tarde.

4 Galego

Parece ser que para o ano imos ter premio nobel galego asegurado, acabamos de descubrir sin ningún lugar a dúbidas que o eslabón perdido xa non o é tanto, anda por estes lares e chámase Manolo2