Os que votaron as indemnizacións de NCG

Comisións Obreiras desvela a cronoloxía de como se argallaron os máis de 40 millóns de indemnizacións que cobraran os directivos que levaron a Caixa Galicia e a Caixanova a rentes da quebra. GC ponlle nome aos protagonistas.

Por Walter Burns | O Irixo | 11/10/2011 | Actualizada ás 03:50

Comparte esta noticia

O Banco de España e a Consellería de Facenda sabían dende polo menos o 18 de outubro de 2010 das elevadísimas primas que blindaban os contratos dos directivos de Caixa Galicia. Así se desprende dunha denuncia pública do sindicato Comisións Obreiras, cun representante no consello de administración desa entidade, e agora no de NCG.

Desmontada a argumentación de Feijóo

O comunicado, remitido en castelán, sinala que “ en el Consejo de Administración de Caixa Galicia, (…) según se indicó dichas propuestas habían sido previamente aprobadas en la Comisión de Retribuciones y Nombramientos (donde no teníamos representación), indicando asimismo que habian sido contrastadas con los asesores de la Caja y se había informado ampliamente al Banco de España, Consellería de Facenda y a la Dirección de Caixanova”.

O sindicato desmonta así as argumentacións do presidente da Xunta. Alberto Nuñez Feijóo pide agora a devolución das escandalosas primas, pero alega que o seu Goberno non ten competencias para supervisar a NCG Banco e que, de feito, descoñecía o volume de tales indemnizacións. Ademais da suposta supervisión da Consellería de Facenda, no Conselo de Administración había polo menos un alcalde do PP.

Que membros de que partidos votaron a favor?

No seu relato, Comisións insiste en que en ningunha das sucesivas reunións dos consellos de administración das caixas votou a prol de tales indemnizacións. Os representantes dos traballadores alegan que reiteradamente pediron coñecer en detalles os contratos dos directivos, acceso que lles foi negado.

Os sindicalistas de CC.OO e o “outro sindicato” (UXT) votaron  en contra ou se abstiveron na aprobación das indemnizacións.  O representante do Concello de Pontevedra (designado por un goberno do BNG) foi o único que os secundou en dúas ocasións

Isto implica que, ademais dos propios directivos, votaron a prol das indemnizacións tanto representantes da Xunta, das deputaciósn e dos concellos militantes do PSOE e do PP, que participaban nos consellos de administración en representación de diversas administracións públicas. 

None

No caso no BNG, a versión de CC.OO.  apunta que o representante do Concello de Pontevedra votou varias veces en contra e a representante do Concello do Porriño, que tamén era membro da comisión de retribucións, a favor.

Pilar Cibrán mantense como representante do Concello do Porriño baixo diferentes gobernos

A filiación política da representante do Concello do Porriño non é nítida. GC e outros medios situaron a Pilar Cibrán na contorna ao Bloque, pero fontes do BNG explican que foi nomeada para ese posto cando gobernaba José Manuel Barros (PP), mantívose cando o BNG gobernou en minoría, seguiu cando os 'populares' derrubaron ao Bloque nunha polémica moción de censura e continúa agora cos conservadores, de novo con maioría absoluta tras as eleccións locais desta primavera. Os nacionalistas argumentan que non a poideron cesar dese posto porque nunca tiveron maioría no Concello e, ademais, Cibrán "ten un perfil técnico" pois en principio non milita en ningún partido. Ademais destacan que cando se decidiron as polémicas indemizacións eles xa non gobernaban no Porriño.

A filiación de Cibrán é moi relevante dende o punto de vista político, pois canda Moreda (PSOE) e directivos das caixas forman a Comisión de Retribucións, que fixou as polémicas indemnizacións. 

Velaquí o relato do momento clave, o 25 de agosto:

25 de Agosto de 2011: Se informa del acogimiento de directivos de la entidad al proceso de prejubilaciones conforme a lo establecido en el pacto laboral de fusión. Se hace saber que el Consejo de Administración de Caixanova aprobó el día 18/10/2010 la “posible concesión a los directivos de una compensación o premio especial por su dedicación y aportación, caso de acceder a la jubilación anticipada o prejubilación, a percibir por una sola vez. Este acuerdo que afecta única y exclusivamente al personal de Caixanova se ha aplicado a 2 directivos de 18 posibles, en ese Consejo se había facultado al Director General para determinar la cuantía y asignación.
Se da cuenta al mismo tiempo de la suscripción del contrato de Alta Dirección acordado en el Consejo de Administración del 01-12-2010, a favor del Sr. García de Paredes; indicando que del mismo se dio traslado a la Comisión de Retribuciones. Indican que por parte del beneficiario de este contrato se ha propuesto una modificación parcial que supone una cesión por su parte de los derechos reconocidos en el contrato de origen.
Por parte de un asesor externo de la empresa, se explica al Consejo de que los contratos de Alta Dirección vigentes tienen por común la facultad de “desistimiento”, a instancias del Directivo y que una de la posibles causas se refiere al cambio en la titularidad jurídica de la empresa, hecho que se producirá tan pronto sea efectivo el traspaso de la actividad financiera a NCG Banco, S.A.
El consejero miembro de Comfia-CCOO, solicitó en primer lugar información sobre que directivos han recibido la compensación o premio especial (NO LE FUE FACILITADA)
Anuncia su VOTO EN CONTRA, a las propuestas realizadas porque considera se tratan de un privilegio sobre las condiciones vigentes para el resto de la plantilla y por carecer de información, desconociendo los términos de los contratos de Alta Dirección, pese a haberlos solicitado en múltiples ocasiones. Acompañan en el sentido del voto el representante del Concello de Pontevedra (BNG) y el otro representante por el sector de personal


Mar Barcón, a única conselleira de NCG que demitiou até o de agora, explicou que no Consello de Administración non se entrou no detalle dos salarios dos directivos, declaración que corrobora a versión de Comisións.

E que cada quen responda do que votou

Por iso Comisións mostra a súa sorpresa ante a postura dos políticos que agora reclaman unha Comisión de Investigación.

“No es de recibo que algunos representantes en los órganos de gobierno se escandalicen ahora de lo que ell@s mism@s han aprobado, haciendo oídos sordos a las solicitudes de @s consejer@s de personal miembros de Comfia-CCOO, mirando en esos momentos para otro lado. Por tanto, exigimos que se inicien las auditorias, investigaciones, controles parlamentarios, comisiones de investigación o lo que se considere, y que se depuren todas las responsabilidades que pudieran existir. Y que cada palo aguante su vela”, conclúe o interesantísmo relato cronolóxico, que pode lerse aquí.

En definitiva, estes son os nomes do Consello de Administración que permitiu as indemnizacións, en cursiva os que votaron en contra ou se abstiveron nalgún intre, segundo Comisións:

NOME – CARGO – REPRESENTANDO A – (PARTIDO POLÍTICO)

  • JULIO FERNANDEZ GAYOSO PRESIDENTE IMPOSITORES
  • MAURO VARELA PEREZ PRESIDENTE ENTIDADES
  • SALVADOR FERNANDEZ MOREDA VICEPRESIDENTE 1o CORPORACIONES  MUNICIPALES (PSOE)
  • GUILLERMO ALONSO JAUDENES VICEPRESIDENTE 2o ENTIDADES
  • ALFONSO PAZ-ANDRADE RODRIGUEZ  VICEPRESIDENTE 3o IMPOSITORES
  • ALFONSO ZULUETA DE HAZ VICEPRESIDENTE 4o IMPOSITORES
  • GONZALO ORTIZ AMOR SECRETARIO CONSEJERO IMPOSITORES
  • PILAR CIBRAN FERRAZ VICESECRETARIO  CONSEJERO  CORPORACIONES  MUNICIPALES (CONCELLO DO PORRIÑO: PP, BNG EN MINORÍA,PP)
  • EDELMIRO MANUEL AÑON REY CONSEJERO IMPOSITORES
  • MARIA DEL MAR BARCON  SANCHEZ  CONSEJERO ENTIDADES (PSOE)
  • JAVIER FRANCISCO CAINZOS  VAZQUEZ  CONSEJERO CORPORACIONES  MUNICIPALES (PP)
  • JOSE GARCIA COSTAS CONSEJERO ENTIDADES
  • JOSE HERVELLA VAZQUEZ CONSEJERO IMPOSITORES
  • JUAN RAMON IGLESIAS ALVAREZ CONSEJERO PERSONAS O ENTIDADES  FUNDADORAS
  • MARIA ANGELES MARRA  DOMINGUEZ  CONSEJERO PERSONAS O ENTIDADES  FUNDADORAS
  • CIPRIANO ELIAS MARTINEZ  ALVAREZ  CONSEJERO CORPORACIONES  MUNICIPALES (PP)
  • FEDERICO MARTINON SANCHEZ CONSEJERO PERSONAS O ENTIDADES  FUNDADORAS
  • ENRIQUE PORTEIRO TUÑAS CONSEJERO ENTIDADES
  • JOSE TABOADA LOPEZ CONSEJERO IMPOSITORES

 

  • MIGUEL ARGONES RODRIGUEZ CONSEJERO EMPLEADOS
  • JOSE LUIS VEIGA LAGE CONSEJERO CORPORACIONES  MUNICIPALES (BNG)
  • JOSE LUIS REGUEIRO VAZQUEZ CONSEJERO EMPLEADOS

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

21 WkLmCwSE

When I translate to Japanese, Did you forget the ending . ? is appeared,but in Japanese, end punctuation is ? .Can you fix or add disable option for Japanese? http://www.remedyoffersonline.com/ http://www.autoprotectiontips.com/

20 Mercedes

Me encanta....esto es la leche!!!!!!

19 Vaia tropa do carallo!

A responsabilidade do BNG neste tema parece bastante lonxana e indirecta. En cambio a do PSOE (Moreda, presi da Deputación, etc) e PP (varios conselleiros) é evidente. Así que os cazurros que votades ao PSOE e PP repartídevos as culpas.

1 decimo

o BNG é o que máis débedas ten coa entidade, por iso é tamén o que máis lle convén calar. e cando coincide para colocar e manter nos órganos de control á mesma persoa que o PP, pois xa me explicarás cal é a diferencia se coinciden os intereses. os intereses da débeda, iso e outros intereses oscuros. e de cazurros está cheo o país, e tamén de listiños que tratan de aparentar o que non son, e destes o BNG vai sobrado.

2 Vaia tropa do carallo!

Décimo, non chegas nin a noveno. O representante do BNG votou en contra das indemnizacións (Pontevedra). A do Porriño o BNG non a puido cambiar porque non tiña maioría absoluta. Por outra parte xa sabemos de sempre que o PSOE e o PP se financian coa cuota limpa e transparente dos seus afiliados. Gañán!

3 decimo

fálasme de Carumeiro? ou da lotería que lle tocou ao Blanco? colocástes paneis publicitarios en outros lugares? en Cangas as obras contra veciños e pescadores que realizaba Caixanova coa bendición da contable Clara Millán descontaba no que debedes? pagades as débedas con Caixanova ou aumentas? polo demais, como se anota máis abaixo a candidata que votou, apoiou e colocou o BNG non era a Cibrán? os do PSOE e PP son ratas, mais os do BNG tamén roedes se vos deixamos? ti de quen ves sendo: dos reis magos ou do papa noel?

4 Rayleigh

jajaja Moi ben Decimo..Aparte do nome carrumeiro, tes algo máis? E que pasou con esa lotería? Rumores de vella, quizais? E do dos paneis que tes exactamente? Parece que non che gustou o que escribiu o nº 2. Reláxate home. Algúns estánvos desmantelando as mentiras sobre NCG e o BNG e non vos gosta. A túa última intervención é bastante patética e amosa desesperación cos teus disparos ó chou.

5 serafín

Ben vido Ray, o tapador! Pero se ti non es do BNG, non tes carnet, nin asistiches nunca a unha asemblea, cal é o teu interese en tapar os chiringuitos do BNG?

6 Rayleigh

Home!! Como pasaches de preguntarme pola merenda que me daban os "da U" a preguntarme por que non estou no BNG coa "U"? Bueno..por un lado está o de poñer en evidencia os falabaratos. Algo altamente satisfactorio cando ves que se cren moi listos. Logo por que son un galego canso de minifundismos, puñaladas, cainismos que só benefician os inimigos da nosa terra. Xa ves o Decimo: cando se lle contraría comeza a disparar ó chou. Básicamente rumores. E case todo sacado de prensa comprada polo PP. Tampouco vanme os castelos no aire, as verbas baleiras e o caudillismo do que fan gala moitos por aquí. Pero non creas que estou sempre pensando en vos..tamén penso en xente de GB coa que vos vexo moitos puntos en común. Só que xa me banearon 4-5 veces dos seus foros e non me deixan entrar.

7 serafín

Pero non estás no BNG, verdade? Resposta ou segue ti de quixote cos teus particulares muiños de vento!

8 Rayleigh

Serei un quixote entón. Que lle vou facer. Quizais cree un partidiño nacionalista para o meu disfrute persoal como é o habitual entre o nacionalismo galego. O Quixotismo xa o teño, non?

9 serafín

Non é preciso crear nada: o grande partido xa existe, é o PP, e ti serves como ninguén aos seus intereses. Pois ti non militas, non tes carnet nin pisaches unha asemblea do BNG, entón para que tanto esforzo senón é para consolidar a desfeita do nacionalismo galego organizado -tapando as desventuras- para manter aos de sempre no poder. Pobre asimilado que vai de latriqueiro da causa!

10 Rayleigh

Pero home..agora posme no PP? PAsar de mantido "da U" ó PP nada menos!! A este paso remato no Hare Khrisna. Comprendes, homiño, por que non te fago caso e te trato coma un divertimento? E ti te deixas facer. Nacionalismo galego organizado? Perdoa? Salvo o BNG que ten unha apariencia de organización e é un partido máis ou menos importante, o resto non son máis que bandas de amigos ou unións máis ou menos avenidas cuxa influencia remata na porta do local onde se reúnen. Non cres que xa é suficente de lugares comúns? Ah..para consolidar a desfeita non necesitades axuda os serafíns que pululades por aquí.

11 Para Décimo

Décimo, esquececheste dos "jets" privados nos que viaxaba o SR CONSELLEIRO do BNyG, para ir a Camerún na compañia do seu empresario ben subvencionado, e de paso facer negocio co vento camerunés. E Reganosa? E a Pokemon? E a Campeón mesturada co Carioca?

18 Zenchui

A relación do BNG con esa representante 'is very complicated' por non dicir inexistente no momento de aprobar os atracos da NCG. Á vista está que non é ningunha representante do BNG, senón dun concello onde non había maiorías. Que a votasen nun momento non quere dicir que obedecese ao BNG como o caso do representante de Pontevedra. Así é que o 1 de febreiro do 2010 houbo unha moción de censura no Porriño que apeou o BNG do goberno local e a partir de aí a señora Cebrián actuaría baixo as ordes do novo alcalde e a súa equipa de goberno do PP. Ou non? Hai que distraer que PP e PSOE aprobaron os soldos da traizón a Galicia? Por certo, a proposta do PSOE era colocar unha representante afín ao PP (a presidenta da asociación de amas de casa), ao máis puro estilo turnista. Os anti-bloque poden soplar os sapos que queiran e dicir cousas sen o máis mínimo sentido, con todo a realidade supera os seus peores pesadelos: VENDERON O PAÍS UNHA PRESA DE CHOURIZOS

1 bouzas

Xa que andas tan enterado, cal foi a razón do BNG para renovar a confianza na señora Cibrán? Pois o BNG, goste ou non, apostou pola señora (algo que ocultades na información e nos comentarios os tapadores), pode que igual que o PP de antes e de despois. Entón hai coincidencias e non houbo diferenza na candidata. Polo demais é certo que o PP e PSOE venderon o país, coa complicidade -como ben sendo habitual- dos que colocou e mantivo o BNG. É tarde para rectificar, agora hai que asumir e moito que limpar!

2 Vigo.

A muller que propuña o PSOE é do PP a muerte polo que me contaron no Porriño. Do sector de Barros, o antiguo cacique. Preguntade na Mancomunidade de Vigo por ela e o moito que lle gustan as cuchipandas.

3 Zenchui

Xa dixeches abondo bouzas, aférraste á última punta da póla que che queda. Cando respondas a sinxela pregunta de quen gobernaba o Porriño cando votou a señora Cebrián terás claro que venderon o país unha presa de chourizos. Ningún deles ás ordes do BNG, así que síguelles limpando o patín aos turnistas coas túas iluminacións.

4 bouzas

Agárrome aos feitos: o BNG apostou pola señora Cebrián. Así de claro. As posibles simpatías ou bailes con uns ou con outros non me interesan. Menos aínda quen era a outra candidata. Tedes un serio problema: non admitides os erros, que tal se queimamos as hemerotecas para ocultar o pasado? Polo demais eu nada teño que taparlles ao PP ou PSOE, podes dicer o mesmo ti con respeito ao BNG? Que non gostades de lembrar o pasado recente, pois poñédelle adozante!

5 Zenchui

Bouzas, non respondiches a pregunta sinxela: quen gobernaba o Porriño cando votou a señora Cebrián? Por certo, dáme igual como te disfraces, o erro estalo cometendo ti. Que caso che han facer se xa te emborcas ti só.

6 bouzas

A señora Cibrán foi proposta e mantida no seu lugar polo BNG -feitos-, e tamén polo PP. Se obedece a uns ou a outros non é o meu problema, nin antes nin agora. Se coincidides BNG e PP, e agora non hai volta atrás nin como disimular, pois será por algo. Polo demais, aprende a diferenciar, non todos nos vendemos tan barato!

7 vigo

Que patético, sr Bouzas. A súa hipótese caiu como un castelo de naipes.

8 Zenchui

Ben, quen diferencia e quen non está xa claro. Segues sen responder porque che doe recoñecer a verdade, que non é sinxela nin do teu gusto pero aí esta. Por certo, eu nunca che dixen que fose do BNG, para esquivar a verdade tes que recorrer a esa falacia ad hominem? Ti mesmo, o castelo de naipes caeu só. Saúde e coidado coas esquinas

9 Chanchui

Tes razón Zenchui, a tal Cibrán nunca tivo nada que ver co Bloque, pois foi unha falacia do Falo de Vigo publicar que o tal Bloque do Porriño propuxo renovar o nomeamento da tal Cibrán, xa se sabe como son os xornalistas que sabían que 3 anos despois a tal Cibrán ía ser noticia pésima e así caerlle a responsabilidade ó Bloque, pois caelles mal, seguro. Grazas e muito obrigado, con xente como os Zenchuis liberamos a conciencia, no Bloque só hai grandes homes guiados pola causa nobre da terra, o amor á arte e á literatura fantástica. Que pena que todos os medios falen da relación da Cibrán co Bloque, xa se sabe caémoslles mal e bla, bla, bla...

10 Zenchui

Outro chanchui da vidiña. Soluciona o teu problema co Bloque e non comigo. Neste caso hai que responder unha pregunta sinxela: quen gobernaba o Porriño cando votou a señora Cebrián os atracos en NCG? Queres facer un areal cunha area? pois sorte!

11 bouzas

A resposta que tanto che preocupa é sinxela demais: gobernaban os mesmos cando nomearon, cando renovaron no posto e cando votou a señora Cibrán. Os mesmos cans con diferentes colares (PP ou BNG), respondendo aos mesmos intereses (espero que non precises que se detallen). Disculpa se che coloquei a ti tamén o mesmo colar, mais cando insistes tanto...

12 pexigo

Unha gran de area non é nada nun areal. A mesma area nun pé pode molestar abondo, e iso está acontecendo coa Cibrán -apelido correcto- no BNG. E polo que se olla, hai por aquí a quen lle proe bastante o pé, por moito que trate de disimular dicindo que a area non está no seu zapato.

13 Zenchui

Entre ser un anti-bloque e buscar a verdade, eu prefiro por conciencia o segundo. Entre princesas zapateiras e falacias tipo PSOE=PP=ETA non se chega á verdade. O que molestaba no conto da princesa era un legume, non unha areíña de nada e, efectivamente, quen deu a orde en 2011 de votar nun sentido ou noutro á señora Cibrán foi o PP. Polo que opte o BNG catro anos antes é irrelevante e non ten relación ningunha co que pasou en 2011. Á vista do nivel gobernarán os santos ós que se lles perdoa todo: PPSOE. Game over!

14 bouzas

As eleccións que perdestes os que ides coxeando polo legume -será de toxo xermolado e ben alimentado?- no zapato aínda non vos convenceron de que unha parte nada despreciable da sociedade galega crítica equipara PP, PSOE e BNG. Repito o de nada despreciable, pois cando menos somos os suficientes para que perderades o poder que tanto achades en falta. Seguide tratando de enganar inocentes os Rays, Zens, Vigos..., continuade a dicer que os que non tragamos somos anti-bloque, e vos sodes a Verdade. Canta modestia, canta humildade!

15 Zenchui

Utiliza outros argumentos. A falacia non é o meu, tampouco quero convencerte doutra cousa, só coñecer os feitos reais. Se cadra andamos máis próximos do que cres niso dos votos de castigo, pero a min as princesiñas non me van. E menos neste caso.

17 tom

pp = corrupción = subvenciones y contratos a los amiguetes, ej. (la coz antigallega) = atraso (frijolito resolvía todo en cuarenta y cinco dias , lleva 900 )y ya no nos queda nada a los gallegos ( bueno sí, alguna granjita de cien vacas y muchos bares) ... los peperos siempre acaban con galicia.. para darsela a sus amiguetes...

1 tomtom

si tom, PP e tamén PSOE e tamén BNG. o que acontece é que por aquí anda moita ratiña disfrazada, até escribindo en castelán, para despirtar aos inocentes... para que os amiguetes sigan mamando, xa me entendes!

2 Rayleigh

Menos mal que te temos a ti. Canto listo hai por aquí. E o mellor, con tanto tempo libre!

3 poula

Mira ti unha Ra(yleigh)tiña preocupada polo sustento!

4 Rayleigh

jajajaj..poula dime. Canto tempo estiveches pensando iso? Seguro que varios días. Ou non te enteraches que non estou en ningún partido? Pregúntalle a Serafin.