Os redactores da CRTVG non poderán editar vídeos, segundo o TSXG

O Alto Tribunal recoñece a existencia dunha modificación substancial das condicións de traballo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/02/2019 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anula a atribución unilateral pola CRTVG aos seus redactores e redactoras do labor de edición básica de video, por tratarse dunha modificación susbtancial de carácter colectivo das súas condicións de traballo.

Unidade móbil da Televisión de Galicia (TVG)
Unidade móbil da Televisión de Galicia (TVG) | Fonte: PSdeG

Nun fallo que deu a coñecer o pasado 20 de febreiro, o Tribunal, que falla en contra do ente público, da CIG e CC.OO., considera probado que a CRTVG vulnerou o procedemento establecido no artigo 41.4 do Estatuto dos Traballadores, que establece a obrigatoriedade de abrir un período de consultas coa representación sindical antes de aplicar decisións unilaterais deste calibre.

Os sindicatos que presentaron a demanda, CUT e UGT destaca que a dirección da CRTVG “sempre teimou en que impoñerlle ao persoal de redacción as funcións de edición (historicamente desenvolvidas na canle pública polos operadores e operadoras de video)”, e que isto representaba unha modificación substancial das súas condicións laborais.

A sentenza, contra a que cabe recurso ao Tribunal Supremo, recoñece que o argumento da CRTVG que apelaba a un cambio tecnolóxico (a posta en marcha dunha nova plataforma de produción dixital) para a imposición desta medida non está xustificado e representa de facto unha mobilidade funcional descendente.

Nun comunicado, as sección sindicais da CUT e a UGT pídenlle á empresa que acate de inmediato a sentenza e non dilate de xeito indefinido a súa aplicación, polo prexuízo que lle está a ocasionar ao persoal afectado, que leva meses asumindo funcións anuladas por esta sentenza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta