Por Galicia Confidencial | Manzaneda | 22/02/2019 | Actualizada ás 18:31
A Consellería do Medio Rural informou da extinción dun incendio forestal rexistrado este venres no municipio ourensán de Manzaneda.
Segundo explicou a Xunta a través dun comunicado, o lume iniciouse pasadas as 13,00 horas na parroquia de Cernadas e quedou extinguido sobre as 15,44 horas. Afectou, segundo as primeiras estimacións, a unhas 22,83 hectáreas de monte raso.
Nos labores de extinción deste lume participaron dous axentes, catro brigadas, unha motobomba e un helicóptero.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.