Os vídeos que enfadaron á dirección da TVG

GC publica os vídeos do Telexornal informal que provocou as iras do PP e da dirección da TVG e acabou cos seus presentadores, Alfonso Hermida, e Ana Pérez, excluídos do especial das vindeiras eleccións do 20N.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 14/10/2011 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

O telexornal reivindicativo foi realizado o luns 10 de outubro na Praza do Toural de Santiago e por el participaron boa parte dos traballadores que ese día fixo folga, o 80%, segundo os datos do comité Interempresas.

Ese informativo tratou de expoñerlle á sociedade galega e á clase política a importancia que ten a CRTVG coma servizo público esencial e as ameazas que, en opinión do Comité, representa para o seu mantemento a nova Lei dos Medios de Comunicación Públicos de Galicia que está a piques de ser aprobada no Parlamento co consenso do PPdeG e o PSdeG.

Apartados

Un día despois da súa realización, os seus presentadores; Ana Pérez e Alfonso Hermida, recibiron unha comunicación por parte dos directivos do programa especial que se fará nas eleccións do 20 de novembro para comunicarlles que non participarían na súa realización, a pesar de que estes dous xornalistas son xa dous habituais neste tipo de programas.

O dirección da TVG alega que non había ningunha comunicación oficial por parte do ente público a este respecto, mentres que o Comité Interempresas insiste en que se trata dun claro caso de censura e represión.

Concentracións

Por iso, este órgano acaba de convocar diversos actos de protesta para denunciar as represalias da Dirección Xeral da CRTVG. Estes actos consistirán en concentracións de cinco minutos que se celebrarán os vindeiros días 16, 17, 19 e 21 de outubro no vestíbulo da entrada principal da TVG, xusto debaixo do despacho do Director Xeral.

Estas concentracións son previas a unha concentración que vai convocar novamente diante do Parlamento de Galicia para protestar contra o actual texto da Lei dos Medios Públicos de Comunicación de Galicia, unha cita que queren facer coincidir con iniciativas parlamentarias relacionadas co asunto. Tamén recordan que están a preparar unha gran manifestación en defensa dos medios públicos de comunicación cuxa data está aínda por determinar e que estará aberta á participación de toda a sociedade galega.

None

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 98 comentarios

20 En pé

Eu, pasei por algo semellante. Quen toma represalias contra estes traballadores?, imaxino que o goberno da Xunta. Os que mandan, deberan dialogar sempre, e atopar solucións dentro dos vieiros democráticos, pois senón teremos abuso de poder dos partidos políticos que manipulan a información ó seu favor. Aínda que as leis laborais e os dereitos dos traballadores están a baixa, sempre arrean contra a faciana dos que representan ós demáis.

1 En pé

Sentidiño polas dúas partes.

19 Galicia Confidencial

Como sabedes, os comentarios insultantes ou insidiosos son borrados. Se queredes lanzar vendetas persoais aproveitando o anonimato da rede, mellor que deades o voso nome e apelido ou busquedes outro foro para tal fin. Aceptamos comentarios e opinións construtivas e fundamentadas, non insultos. Saúdos e grazas á maioría que contribúe de xeito educado, sexa cal sexa o seu punto de vista político.

18 Akribéstaton

Diz o dito que não há mal que por bem não venha... Nunca melhor dito!!! Já podem os muitos praticar seu entretenimento favorito: vomitar toda sua frustração celebrando a queda daqueles que invejaram por ter uma recomendação que prevaleceu sobre a sua. E assim se passará com todos os sectores cuja actividade não consista ainda plenamente em arrastar-se para ser gratos (ou estar gratos por poder arrastar-se "un poquito más"? Funcionários, professores, pessoal médico, etc., etc. Todos uns privilegiados por não estarem ainda completamente submetidos ao arbítrio dos Méndez de turno. Demasiado sentimento e muito pouca razão.

17 Sentidiño

Que raio estades facendo?Vedes o que está pasando nas redes sociais?O máis bonito que nos chaman é zánganos.Os de fóra ,que están desexando que nos pechen.E nos dandolle ás ós nosos detractores con telexornais de broma,simpáticos mui guais, superchulis. Veña! Parade xa de facer o ridículo no momento máis delicado para os medios públicos cuestionados en toda España.

1 xxx

hai que apandar, as cousas están mal, pero poderían estar peor... así que claro, caladiños todos, non si? Así nos vai neste país!

2 Lorcha

ahí douche a razón, o informativo é de cachondeo puro e duro e os redactores non contribúen a dar a impresión de profesionalidade.

16 eu84

algun dos que aqui fala traballou na tvg?? eu traballei e dende que volveu o pp non traballei nunca mais. Eu gañeime o dereito a ser o primeiro dunha lista dun departamento que non vou a nombrar. mentres estivo o bipartito os que entramos, foi gracias os estudos previos, practicas e dando guerra dende abaixo. Cando chegou o PP esas listas desapareceron dun plumazo. Non supen nunca mais deles... e ali traballan preto de 15 persoas nese depàrtamento, que pasa que nos ultimos 3 anos ninguen se colleu vacacions.... en fin señores, se agora fan o que lle peta, despois de ter esta lei.... decidelle adeus a CRTVG igual que lle dixemos adeus as caixas galegas e mais o banco pastor... e esperemos que non prohiban o galego no futuro.

1 santos

Mentiroso

2 Belen R.

Iagualiño que eu.Contratoume o bipartito facendo unha proba.Mágoa que publicaron o resultado da mesma na web 15 días antes de facela.Os peperos , que sonche do peorciño, os do 36 vaia, castigaronme facendome unha interinaxe de manda truco.

3 listas

Pois non sei en que departamento traballas, pero dígoche que noutros funcionan as mesmas listas que cando o bipartito. Listas que podes reclamar en Recursos Humanos porque tes dereito e que podes conseguir tamén doutros xeitos. Listas que, repito, cando nalgúns departamentos se quixeron saltar houbo líos...