Vistos os vídeos non me queda outra que recoñecer que os presentadores e os que aparecen neles teñen a cara a xogo coa catedral de Santiago: toda de pedra. Precísase valor pra dicir as cousas que di o Hermida. Resulta que a TVG é fundamental pro desenvolvemento de Galicia. Cómo poden dicir eso cando en 26 anos non se conseguiu nin normaliza-lo idioma nin facer unha programación na que o país fose recoñecible. Por favor, que a privaticen dunha vez e que poñan cartos os que queiran facelo, porque eu xa non quero pagar máis semellante bodrio.
Cargada de razón, así se fala.
as privadas xa se ve que son unha marabilla, nefeito, por iso fai falta máis Belén Esteban.
Hambrosio: ¿obrígate alguén a ver a Belén Esteban?
Suscribo palabra por palabra o q acabas de dicir Mari. Hai q ter o rostro coma a fachada da catedral e como o sartego do apóstolo pra defender iso. Por esa regra de 3 tmn agora nos concellos comezarán a demandar postos fixos toda a panda de peonadas q curran co plan emprega, e claro, como cobran 800 euros e teñen vocación de servizo público, hai que roelos.Pero seguro q os q falan no vídeo son xornalistas? eu penso q son uns peregrins q pasaban por alí e lles deron un micrófono cutre.
E Hambrosio, quita a venda dos ollos q a Belén Esteban non nos custa nada a ningún de nós. Se pagas por un servizo o mínimo é esixir calidade e hoxe en día non está no televisor está na rede. E o q non vale non vale e punto.
O goberno central é claramente ineficiente, dende a época de Ansar ata a de ZP, pido a súa privatización, Non quero seguir pagando semexante bodrio (españolento).
A Mari: 1) ainda que a TVG é melhorável, não é responsável da situação do idioma. Não se lhe poder acusar de não poder neutralizar aos múltiplos médios espanhóis. 2) Também não se lhe pode acusar de ser notório instrumento dos governos de turno votados pela maioria dos galegos. 3) privatizando normalizaria-se o idioma ou identificaríamo-nos com a grelha? [Claro, se não tratava disso...]. Eu não tenho televisor, mas tenho que pagar com meus impostos a transmissão nas privadas da publicidade institucional (por ex., o anúncio de Letras del Tesoro em Intereconomia). Se a TVG é um "bódrio", o que dizer de Antena 3 ou Tele 5 (por exemplo)?
Pero imos ver, ¿é que ninguén se percata da importancia da independencia da prensa? Exemplo: a calidade que ten TV1 e TV2 non a tivo nunca como ate agora ¿por qué non queremos algo similar para Galicia? Nos sempre tirando pedras para o noso tellado. ¡Así nos vai!
No Estado español as televisóns públicas ofrecen unha programación de máis calidade cas privadas. Podían ser mellores, certo, pero coa privatización perdemos diversidade e calidade. Ninguén me obriga a ver Belén Esteban, tampouco a tirar o neno coa auga da bañeira porque está sucia.
Que nos custa a privatización da TVG? Perder calidade, pluralidade e presenza do galego na TV. Pasar de que un neno que queira ver a TV mentres merenda poida ver o Xabarín ou a Belén Esteban, a ter só a segunda opción. Certo que os pais que queiran os seus fillos sempre poderán prescindir da TV, que ademais tamén custan de raio.
No Estado español as televisóns públicas ofrecen unha programación de máis calidade cas privadas. Podían ser mellores, certo, pero coa privatización perdemos diversidade e calidade. Ninguén me obriga a ver Belén Esteban, tampouco a tirar o neno coa auga da bañeira porque está sucia.
Que nos custa a privatización da TVG? Perder calidade, pluralidade e presenza do galego na TV. Pasar de que un neno que queira ver a TV mentres merenda poida ver o Xabarín ou a Belén Esteban, a ter só a segunda opción. Certo que os pais que queiran os seus fillos sempre poderán prescindir da TV, que ademais tamén custan de raio.
Estes señores e señoras saltan cando ven perigar os seus postos de traballo, houbo auténticos casos de manipulación xornalística e ninguén dixo nin mu. Non lle están facendo un favor a Galicia, están velando polos seus intereses en detrimento dos dos demais e favorecendo un sistema de privilexios incompatible coa liberdade e igualdade q propón a Constitución.
Para Akri: se a TVG axudase a normaliza-lo galego, xa tería unha xustificación pra existir; seguramente se desde o principio se tomase ese obxectivo en serio, probablemente a programación tería outra entidade. Pero na TVG moi pouca xente tomou a cuestión do idioma como algo serio. A lingua vehicular e na que a maioría se sente máis cómoda e o castelán. Por iso, moitos que agora protestan non deberían traballar na TVG. A profesionalidade e a independencia non se supoñen. Hai que demostralas con naturalidade no día a día. En fin, os videos parecenme de pena.
Que a TVG tem múltiplas eivas, ninguém pode pó-lo em dúvida. Que muitos dos trabalhadores actuais têm múltiplas eivas, entre elas mover-se só quando a água molha seu cu, ninguém pode pó-lo em dúvida. Mas tudo isso não empeça a defesa da TVG como serviço público e também dos direitos dos trabalhadores. Por assim dizê-lo: ainda que eles não tiverem direito a queixar-se, nós -os que somos cônscios da realidade e dos valores das cousas- temos O D E V E R de defendê-los. Essa lógica -agora te fodes tu- não é a que vai melhorar a situação.
Pois eu apoio totalmente o que din no vídeo eses dous. O que me parece rexeitable é o que di a lista da Mari e os seus acólitos. Privatizar a TVG, privatizar un_a televisión autonómica é como privatizar a TVE, a televisión estatal. Só uns descerebrados ou uns inimigos dos intereses populares, da democracia, poden defender que a tv pública se privatice. Se a TVG se converte en privada xa non poderemos esixir que funcione como un medio ao servizo do pobo galego, que defenda o idioma, a propia cultura, os problemas específicos de Galiza, etc., porque non será nosa senón de propietarios particulares que poderán facer o que lhes pete coa TVG porque será súa e non de todos os galegos.
Ata o momento, evidentemente, a TVG sempre foi un_a mer da, pero iso é por culpa dos gobernos que tivemos e temos, incluíndo a breve etapa do bipartito, en que a TVG foi a mesma mer da de sempre. Para podermos esixir que os gobernos cumpran e fagan un_a TVG decente é condición necesaria, aínda que non suficiente, que a televisión sexa pública, isto é elemental.
O que hai que facer tamén para conseguirmos un_a TVG decente é votar para que gobernen outros, e non deixar nunca de presionar.
O que está claro é que deixar que os incompetentes de sempre, os patrocinadores do bipartidismo e agora destas medidas de "reforma televisiva", igual que a reforma laboral para dirixir a economía segundo os intereses dos mercados e prexudicando os da xente, sigan saíndose coa súa e recibindo a confianza da xente por medio do voto e darlhes carta branca para que continúen a facer da TVG o que lhes peta, como se tivesen uns bos antecedentes cun_a lamentable televisión que agora queren converter nun negocio privado o que debía ser un servizo público sen afán de lucro, ISO É FACERMOS O PA RVO E DEMOSTRARMOS O BU RROS QUE SOMOS, OU SEXA, O QUE VIMOS FACENDO OS GALEGOS DESDE QUE TEMOS ELECCIÓNS DESPOIS DE FRANCO.
Cando veñan poñer os cartoso s de intereconomía ou berlusconi e facer programación de penosa en castelán vainos dar a risa a todos
Xoelho, só unha preguntiña sinxela: ¿ti fixeche-la EXB en Marte ou en Saturno?
Xoelho, só unha preguntiña sinxela: ¿ti fixeche-la EXB en Marte ou en Saturno?
El comentario de Mari ha dado en la clave. La television y radios públicas gallegas tienen unos estatutos en donde se definen sus objetivos que basicamente son los de difundir la lengua y la cultura gallega. El objetivo NO es que la TVG compita con TELE5 ni con A3, en la radio más de lo mismo, Radio Galega Música programando musica comercial..., ¿tratan de competir con las emisoras comerciales que lo tienen claro y que desde hace años desarrollan sus radiofórmulas? Sinceramente, siento decirlo, pero el futuro de la CRTVG es negro. Hay otras prioridades que la de mantener canales de radio y TV que pagamos los contribuyentes, para que al final subcontraten servicios y compren producciones a precio de oro a empresas privadas...., para no cumplir sus objetivos, los que se reflejan en sus estatutos. NO es el momento de seguir tirando el dinero. Al igual que la TV autonómica de Asturias en Galicia acabará cerrando.
O comentario de Mari NON deu na clave porque se o obxectivo da CRTVG é difundir a lingua e mais a cultura galega, sen competir con outras cadeas de tv ou radio, o último que hai que facer é privatizala. Ten que ser pública e ten que funcionar como mandan os estatutos.
Eses estatutos están incumpríndose de maneira groseira porque a RTVG está a ser un_a auténtica bazofia como difusora da lingua e cultura galega. ¿Por que? Porque o fai mal a máis non poder, e o peor de todo é que o fan deliberadamente. Non tenhen interese en dignificaren a lingua galega na CRTVG, onde estragan esa lingua a diario e constantemente, sen que haxa ninguén para obrigar a corrixir erros que se cometen sistematicamente. A cultura galega en xeral tamén a difunden lamentablemente mal, como se ve, por exemplo, en programas musicais onde vemos cada dúas por tres folklore andaluz e escasamente o galego. Non hai que privatizar, hai que facer cumprir eses estatutos, para o cal non viría nada mal que os galegos cambiasen a súa maneira de votar. Que a decisión do voto sexa producto de procesos mentais e non, como ata o momento, da función do aparato excretor.
A jogada está tão vista que parece sempre a mesma moviola: a direita se aproveita, pervertendo-os, dos serviços públicos e depois reclama que desapareçam ou se privatizem. O que se passa é que há por aqui muito becário de Tele-Voz fazendo horas extras.
odes votar a quen queiras, pero ata o de agora tódolos partidos que tocaron o poder, incluído o BNG, fixeron da CRTVG un pandeiro. Aquí non se salva ninguén. A televión non é un artigo de primeira necesidade, e se por enriba non cumpre co seu cometido, por min que a pechen mañá.
Homem, acho que não podemos reduzir nossas reivindicações ao direito a defecar, por muito sagrado que for. Não só de pão vive o homem. O BNG governou complexado ou amedrontado pelos médios da direita. Mas isso não empece que a TVG, com todas suas eivas, é fulcral para o idioma. Não se pode, pois, apagá-la, mas discutir publicamente sobre a lei que deve regê-la. O primeiro só interessa aos proprietários de Tele-Voz, Intereconomia e similares.