Os vídeos que enfadaron á dirección da TVG

GC publica os vídeos do Telexornal informal que provocou as iras do PP e da dirección da TVG e acabou cos seus presentadores, Alfonso Hermida, e Ana Pérez, excluídos do especial das vindeiras eleccións do 20N.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 14/10/2011 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

O telexornal reivindicativo foi realizado o luns 10 de outubro na Praza do Toural de Santiago e por el participaron boa parte dos traballadores que ese día fixo folga, o 80%, segundo os datos do comité Interempresas.

Ese informativo tratou de expoñerlle á sociedade galega e á clase política a importancia que ten a CRTVG coma servizo público esencial e as ameazas que, en opinión do Comité, representa para o seu mantemento a nova Lei dos Medios de Comunicación Públicos de Galicia que está a piques de ser aprobada no Parlamento co consenso do PPdeG e o PSdeG.

Apartados

Un día despois da súa realización, os seus presentadores; Ana Pérez e Alfonso Hermida, recibiron unha comunicación por parte dos directivos do programa especial que se fará nas eleccións do 20 de novembro para comunicarlles que non participarían na súa realización, a pesar de que estes dous xornalistas son xa dous habituais neste tipo de programas.

O dirección da TVG alega que non había ningunha comunicación oficial por parte do ente público a este respecto, mentres que o Comité Interempresas insiste en que se trata dun claro caso de censura e represión.

Concentracións

Por iso, este órgano acaba de convocar diversos actos de protesta para denunciar as represalias da Dirección Xeral da CRTVG. Estes actos consistirán en concentracións de cinco minutos que se celebrarán os vindeiros días 16, 17, 19 e 21 de outubro no vestíbulo da entrada principal da TVG, xusto debaixo do despacho do Director Xeral.

Estas concentracións son previas a unha concentración que vai convocar novamente diante do Parlamento de Galicia para protestar contra o actual texto da Lei dos Medios Públicos de Comunicación de Galicia, unha cita que queren facer coincidir con iniciativas parlamentarias relacionadas co asunto. Tamén recordan que están a preparar unha gran manifestación en defensa dos medios públicos de comunicación cuxa data está aínda por determinar e que estará aberta á participación de toda a sociedade galega.

None

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 98 comentarios

10 tolete

Se pueden criticar los sueldos, la programación, los contenidos e incluso la propia necesidad de una television publica gallega, pero en ningún caso poner en tela de juicio la PROFESIONALIDAD de tantos y tantos Hombres y mujeres que hicieron en su día de TVG la institución más valorada de la autonomía. A algunos los echaron porque si, pero siguen demostrando en otros que son de los mejores profesionales del MUNDO

1 Lorcha

Si eu se vou a un restaurante pódenme poñer un filete de vaca vella, caro, a auga do grifo,e q me atenda un camareiro con restos paleolíticos debaixo das uñas pero ENDEXAMAIS criticarei a profesionalidade dese restaurante!!!!!!! XDDDDDDDDDDDDDDD deixemos a droga, por favor!!!!

2 Roibran

Profesiqué?

3 selector

No te lo crees ni tu "Tolete"...., profesionalidad..., los que son profesionales no están en la TVG desde hace años, se han ido a CANAL + o incluso a TELE5, aqui se han quedado los del montón.....

9 Manolo2

Una preguntilla para los organizadores de la movida ¿Hacen también negocio con las camisetas como los de IU de Madrid? Lo digo porque habitualmente Ana está más mona con otra indumentaria. Con la pegata a lo mejor ya bastaba.

1 Manuel P.

Es un porco que deixa bastante mal aos homes que polo normal somos bastante máis educados e civilizados ca o que ti amosas. De todos os xeitos esa babosada tan so denota que o único sexo que practicas é pagando e con prostitutas con ben poucos escrúpulos

2 Manolo2

Te equivocas de medio a medio en tu segunda frase aludiendo a la prostitución sin saber muy bien porqué. Será que tiene que ver mucho con tu oficio y te traiciona el subcosciente. Y además por el tono de la respuesta denoto que también trincas de lo lindo...dinero público.

3 sesky

Digo eu Manolo2, tí e mais Manoliño para que comentades nada nesta páxina? Ven se ve que idoloxía tedes... Unha cousa e comentar un par de noticias e outra é, como facedes vós,comentar todas as noticias despectivamente, nun medio que non compartides ideoloxicamente. Debedes estar ben aburridos...Non creo que ninguén que visite esta páxina se dedique a comentar todas as noticias de libertaddigital.com

4 eumesmo

Manolo,estoy seguro que es dos que vive de subvencións públicas e non pegas golpe. Na TVG hai xente que traballa e xente que rasca os huevos, coma en tódalas empresas españolas. E cadra ademais que os que rascan os huevos adoitan ser dalgún partido, preferentemente do PP, é dicir, dos teus. Se botan aos que rascan os huevos, a TVG funcionaría perfectamente como televisión pública que é, pero o teu partido nunca vai permitir iso. E por certo, en Estados Unidos hai televisión pública, e é dunha calidade excepcional porque os partidos non poden mangonear nela.

8 Guedes

Estes dous deberían explicar como entraron a traballar na TVG e centos de xornalistas en paro na Galiza non teñen o mesmo padriño, perdón, dereito.

1 DigoEu

Guedes, ¿sospeitas que entraron por enchufe? ¿Non se pode entrar doutra maneira na TVG? ¿Se non fixesen folga dirías algo? Entrasen como entrasen, fan ben en protestar cando hai inxustizas. Ao mellor, para ti non debería haber TVG para que ninguén entrase por "enchufe" ou influencias. Sobre o traballo e os "enchufes" para poder ter o que é un dereito que debería estar garantido para todo o mundo, o posto de traballo, pois iso, que non é ningún privilexio senón un dereito, un dereito que se viola no caso de todos os parados.

2 moucho

Esa é a aspiración de toda sociedade clientelar (a que quere recuperar e afortalar o PP): facer cre4r que nada tes por dereito propio senón que todo é concedido por enchufe; e se protestas, cala nen@, que se estás aí é por min; e non te pases de listo que ti es un enchufado e ninún dereito tes.

3 Lona

Pois xa ves, esta señorita é tatexa e presenta informativos...o padriño ou madriña debía ser de carallo.

4 Lorcha

Lona primeiro faste dun partido político e despois vaise pedir polas portas ou espérase a q suba dito partido político. Estou ata o carallo de ver listas de contratación temporal na q os primeiros postos son para xente metida directamente a dedo. Falo do gremio xornalístico, no q teño colegas e teño visto unhas movidas de moito sandiós. Xa hai tempo q deixou de ser un medio de difusión da cultura galega para converterse nun cesto onde collen os pelotas, enchufados, lamecús ou lame por diantes (M/F) e queren defender iso. Qué rostro, que jeta!! Os q estamos fora estamos morrendo de pé e non vivindo axeonllados (e non vou facer chistes sobre isto aínda q podería perfectamente) e se iso e o maior mérito q hai para entrar na TVG. Por min lume ou candando.

5 Akribéstaton

Concordo com Moucho e DigoEu. A direita quer, singelamente, acabar com todo vislumbre de racionalidade na realidade social. Quanta razão no lema aquele: "socialismo ou barbárie".

6 En_ocasiones_ando_perdido

Gracias Deus por poñerme un Estraviz en cada encrucillada da vida q me guíe no camiño da racionalidade e da non barbarie

7 um qualquer

Mouchinho, quando se entra num lugar onde querem entrar tropecentos, todos a se empurrarem e a baixar as calças, entom esta-se a se tornar em enchufado, for por mérito alheio ou proprio. E os enchufados nom tenhem direito a protestar. O seu erro foi pensar que o enchufe lhes era pra toda a vida. Típica, mentalidade de funcionario parásita.

7 Menudo morro

Docampo é o exemplo perfeto para denunciar a manipulación.Durante a súa etapa de redactor-xefe na Radio Galega nin un só traballador fixo elaborou nunca unha noticia política. Represaliou a quen quixo, eso sí sempre lle botaba a culpa o xefe de informativos co "eu non fun" que se convertíu no seu alcume

1 Xaringa

SSIIIIIIIIII SSSIIIIIIII e agora quere LIBERDADE e non se acorda qu e que o metou na RG foi un señor do PP ¿XA direi que e ,xa esta retirado?

6 Lorcha

Excto, se a TVE o fixo ben por qué non facelo igual que eles? pero en TÓDOLOS SENTIDOS