Os vídeos que enfadaron á dirección da TVG

GC publica os vídeos do Telexornal informal que provocou as iras do PP e da dirección da TVG e acabou cos seus presentadores, Alfonso Hermida, e Ana Pérez, excluídos do especial das vindeiras eleccións do 20N.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 14/10/2011 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

O telexornal reivindicativo foi realizado o luns 10 de outubro na Praza do Toural de Santiago e por el participaron boa parte dos traballadores que ese día fixo folga, o 80%, segundo os datos do comité Interempresas.

Ese informativo tratou de expoñerlle á sociedade galega e á clase política a importancia que ten a CRTVG coma servizo público esencial e as ameazas que, en opinión do Comité, representa para o seu mantemento a nova Lei dos Medios de Comunicación Públicos de Galicia que está a piques de ser aprobada no Parlamento co consenso do PPdeG e o PSdeG.

Apartados

Un día despois da súa realización, os seus presentadores; Ana Pérez e Alfonso Hermida, recibiron unha comunicación por parte dos directivos do programa especial que se fará nas eleccións do 20 de novembro para comunicarlles que non participarían na súa realización, a pesar de que estes dous xornalistas son xa dous habituais neste tipo de programas.

O dirección da TVG alega que non había ningunha comunicación oficial por parte do ente público a este respecto, mentres que o Comité Interempresas insiste en que se trata dun claro caso de censura e represión.

Concentracións

Por iso, este órgano acaba de convocar diversos actos de protesta para denunciar as represalias da Dirección Xeral da CRTVG. Estes actos consistirán en concentracións de cinco minutos que se celebrarán os vindeiros días 16, 17, 19 e 21 de outubro no vestíbulo da entrada principal da TVG, xusto debaixo do despacho do Director Xeral.

Estas concentracións son previas a unha concentración que vai convocar novamente diante do Parlamento de Galicia para protestar contra o actual texto da Lei dos Medios Públicos de Comunicación de Galicia, unha cita que queren facer coincidir con iniciativas parlamentarias relacionadas co asunto. Tamén recordan que están a preparar unha gran manifestación en defensa dos medios públicos de comunicación cuxa data está aínda por determinar e que estará aberta á participación de toda a sociedade galega.

None

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 98 comentarios

5 Lorcha

o da pluralidade informativa É MENTIRA. Non vin por ningures a nova lei que aprobaron conxuntamente o pp e o psoe de que os partidos políticos pequenos teñen q conseguir un montón de firmas para poder presentarse as elecióos como lle está a pasar a Converxencia XXI (creo q se chama así) e no único medio q vin q falaran de partidos pequenos, alternativos e diferentes é precisamente aquí NO GALICIA CONFIDENCIAL

4 Lorcha

por qué non se fala da consolidación de emprego cun exame de 300 preguntas tipo test, na q xa che dan as solucións e o único esforzo mental q hai q facer é sair da casa coas respostas buscadas? Por qué? Porque sona a chiste e entón ninguén no seu sano xuízo os tomaría en serio.

3 Lorcha

E logo se tan mal se vive na TVG por qué a están liando tan parda? os q estamos no gremio temos coñecidos ou amigos ahí dentro e as informacións é q se cobra mellor q no eido privado, trabállase menos e os xefes son menos tiranos q nas tv privadas ou locais. Por qué nos queren mentir e facernos ver o contrario? Se tan mal se estivera non se faría unha consolidación de traballo para os q están dentro.

1 Xesto

E valente desfeita, porque desgraciadamente van a quedar unha panda de vagos e indocumentados que non te podes dar idea. por certo o calvo de pelo blanco onde traballa?

2 Xesto

É verdade que tamén quedará xente traballadora (sen ironía)

3 Lorcha

Dame exactamente igual que a xente q está dentro traballe moito ou pouco, escríbo isto en alusión ó vídeo no que a presentadora di q hai moitas mentiras sobre os soldos e traballo dos empregados da CRTV e eu contéstoo facendo unha comparativa de q nos medios privados un xornalista traballa moito mais e fai o dobre de previsións q na TVG. E que esa emprego xa nos gustaría telo ó 95% dos q non tivemos padriño e estamos fora. Sen ironía, non me fai falta para ter uns argumentos irrebatibles en todos e cada un dos post q puxen nesta e noutras noticias.

2 piernitas

Pois manolín, entón se non queres que haxa TV pública, que tampouco se dean axudas e subvencións a nada. A TVG é necesaria, e malia que podería ser moito mellor rendabilizada, pero é vital para a sobrevivencia do noso idioma e a nosa cultura. TV públicas hay en todos os lugares do mundo, dende Francia, a USA ou mesmo Murcia ou Madrid.

1 Manolo2

¿Televisiones públicas en USA? Primera noticia. De todas formas el problema es que no te enteras de la situación crítica en la que estamos. Para que te vayas dando cuenta mira para Grecia, donde este último mes ya han estado a punto de no poder pagar las pensiones y los sueldos de los funcionarios. En Murcia, Madrid o Galicia sobran chiringuitos públicos que hay que eliminar. ¿O prefieres que se recorte en quirófanos y servicios de urgencias como hacen en Cataluña, en lugar de eliminar simples aparatos de propaganda como son las televisiones públicas?

2 Manoliño

Y lo de que es vital para la supervivencia del gallego es de nota, sobre todo con la audiencia que tiene. Nos sale en un pastón y no parece que estemos para lujos.

3 Lorcha

36 euros por fogar concrectamente así q o mellor deberian comezar a preguntar se queremos os 36 euros ou a TVG.

4 Antón

Manolinho, notase que non medraches con Barrio Sésamo, Peggy e a rá Gustavo, o monstruo das galhetas inspirado en Rajoy, producto da tv. pública ianqui.

5 Antón

si, e eu tenho un bó seguro privado, por qué tenho que pagar sanidade pública? e forzas represivas? por qué non derogan o exercito de asesinhos mercenarios que son case 30.000 millóns de euros o ano. a falsa crise só é un atraco a man armada ó pobo,

6 Manoliño

Lorcha, ti pregunta pola rúa á xente que prefire, se adicar eses 36 € a unha TVG que non ve ninguén (o da radio está xa no inframundo) ou darllo á Cociña Económica, aos refuxios de transeúntes, etc. Despois me contas.

7 Antón

E preguntalhes de paso sie queren pagar impostos.

8 Manoliño

Antón, eu son menor, pero disque hai anos antes da TVG había un centro rexional de TVE en Galicia que estaba no pazo de Raxoi ¿Seguen nese espazo? Alí facían unha desconexión dunha hora para emitir un informativo e un magazine. Supoño que a TVG terá programas de cotilleo e senón hai unha sección de cotilleo no DOG ou no BOE, non sei porque teño que pagar iso cos meus impostos, e como o cotilleo poñamos por caso Luar, o Supermartes, etc.

9 Lorcha

Afórrome o tempo porque xa coñecemos a resposta.

10 CranioF

Qué é iso de "forzas represivas" e "exército de asesinos mercenarios", Antón? ¿Seica estás a falar do glorioso Exército Galinheiro?. Recórdoche que ese non é público, non nos costa un carto.

1 Manolo2

Lo primero, ya que os pago el sueldo, me gustaría saber cuanto ganais (lo digo sobre todo por Ana Pérez e Alfonso Hermida), que no debe ser poco. Y luego seguimos, pero si tanto os gusta la CRTVG, podriaís empezar por pagarla vosotros o hacer una cuestación para mantenerla. O mejor todavía, quiero que se convierta en una tele de pago, como las que hay en Imagenio y otras empresas. Veremos cuanta gente se ofrece a pagarla. Ah, el chiste del servicio público LIBRE de Ana Pérez ha sido muuuy bueno

1 André

O mesmo para CRTVE que também pagamos todos.

2 Nilo

Obviamente a televisión pública podeselle esixir transparencia e obxectividade, á televisión privada é dun señor e fan o que el manda, de verdade hai que ir tan abaixo para contrargumentarte? Agora ben nunha sociedade onde hai xente coma ti que non lle interesa a verdade dos asuntos case da igual o debate.