Incendios en pleno inverno arrasan preto de 80 hectáreas na provincia de Ourense

O incendio da Mezquita quedou controlado tras queimas 27,7 hectáreas; continúa activo o lume no Carballiño, que arrasou unhas 50 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/02/2019 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

O incendio rexistrado este martes no municipio da Mezquita quedou controlado tras queimas 27,7 hectáreas. Con todo, continuaba activo o lume no Carballiño, que xa arrasara unhas 50 hectáreas.

Incendio no Carballiño
Incendio no Carballiño | Fonte: Emerxencias Ourense - @EmerxenciasOu

Segundo a Consellería de Medio Rural nesta xornada con varios lumes na provincia de Ourense, o incendio rexistrado ás 14,50 horas na parroquia de Castromil, na Mezquita, quedou controlado ás 19,40 horas. Das 27,7 hectáreas un catro son de terreo arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción participaron, entre outros, dous helicópteros, catro brigadas e dúas motobombas.

No caso do Carballiño, o lume iniciouse ás 16,01 horas na parroquia do mesmo nome. Segundo estimacións provisionais ás 19,45 horas van 50 hectáreas afectadas. No lugar actuaron un helicóptero, tres motobombas, cinco brigadas e tres axentes.

Pola súa banda, no concello de Xunqueira de Ambía arderon cinco hectáreas, tres delas arboredos. O lume empezou preto das 13,00 horas e extinguiuse ás 17,00. Entre outros medios, participaron un helicóptero, dúas motobombas e cinco brigadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta