O Banco Santander terá que devolver 100.000 euros investidos en valores por unha sociedade da Coruña

Así o fallara xa o Xulgado de Primeira Instancia, pero a compañía bancaria presentara un recurso de apelación

Por E.P. | A CORUÑA | 27/02/2019 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

O Banco Santander deberá devolver aos integrantes dunha sociedade da Coruña os 100.000 euros que investiron na adquisición de valores da entidade, segundo informa o despacho do avogado Xoán Antón Pérez-Lema, que levou a demanda.

Ademais, a Sección Terceira da Audiencia da Coruña condénao a indemnizar con 31.500 euros aos prexudicados pola adquisición de participacións preferentes de SOS-Cuétara S.A.U. por valor de 150.000 euros.

O fallo da Audiencia Provincial da Coruña confirma outro do Xulgado de Primeira Instancia número 9, contra a que o Banco Santander presentara recurso de apelación.  No seu recurso, a entidade alegou que na subscrición de preferentes de SOS-Cuétara actuou só como mediadora, "pero a Audiencia considera que, ademais de intervir como comercializadora e prestar asesoramento financeiro aos investidores, participou no cambio das participacións preferentes por accións do grupo SOS-Cuétara, do que o Santander era accionista".

Sucursal do banco Santander
Sucursal do banco Santander | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta