245 accionistas participan en Sermos Galiza

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/10/2011 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

Sermos Galiza (SG), o grupo que promove a creación dun semanario e dun xornal en internet en galego, anuncia que xa recadou máis de 100.000 euros.  A iniciativa gaba "o compromiso coa lingua e co País das 245 persoas que xa son accionistas".

E cando nacerá este novo medio de comunicación en galego? SG apunta que "queremos ter reunido a totalidade do capital social na primeira semana de novembro" pero non adianta unha data concreta para saír a rúa.

No momento da súa presentación a comezos de verán, esta iniciativa dixo que "para podermos asegurar o éxito do proxecto de comunicación que Galiza necesita, precisamos reunir un capital social de 300.000 euros, dividido en 3.000 accións de 100 euros". É dicir, polo de agora logrou sumar o 33% do capital estimado como obxectivo. A intención inicial era botar a andar o proxecto antes de que remate este ano.

None

Debate sobre a vinculación política do proxecto

Esta semana SG sufriu as acusacións de Miguel Bozada Barreiro  no Indymedia e logo no GC Aberto, mediante un texto no que acusaba ao grupo de ser un proxecto controlado pola UPG, o partido comunista que é o máis numeroso dentro do Bloque. O certo é que  SG é un proxecto no que participan moitas persoas próximas ou militantes nacionalistas de esquerda, mais non exclusivamente deste partido comunista.

O colectivo salienta que é "de todos os que quixeran participar nel" e destaca a  necesidade dun medio "que recolla unha opinión comprometida e interprete a información en clave de País".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

5 Manolo2

Me parece a mi que Sermos Galiza se puede traducir perfectamente como Sermones gallegos, controlados por el sumo pontifice pacorro y sus adláteres marxistas leninistas.

1 Max estrella

Ai manolinhotwo, por moito que me esforzo contigo e as túas sutilezas, non son quen de distinguir se estás falando ou defecando e/ou se blandes ao lonxe o papel elefante ou a roxigualda desteñida roubada do mostrador dunha pulperia ambulante e carballinesa que, para o teu caso de patético fenilpiruvismo xenético (ai eses sarxentos chusqueiros franquistas que violaban ao servizo da casa do coronel e saían adefesios da tua alcurnia!!!, émulo do homo incipientis...!!!): recíclate o periclítate, pero fai algo xa aínda que sexa exacular os 20 últimos millóns de espermatozoides que che quedan na canada testicular enriba da lápida do Xose Antón Curman de Riveira aló, pertiño do teu conducator e claudillo, no val dos axoenllados de Madrí (ladrona das Españas).

2 CranioF

Debo recoñecer que este home sabe insultar. Sr. Max, ténme vostede admirado. A ver se aprenden cómo se insulta outros desgraciados que ás veces reptan por aquí, como o tontaina de Desfondacranios, que xa me ten aburrido. ¡A renovar o repertorio, collóns!

4 Black Crow

La UPG es el señor X de este diario, porque mucho que participen algunas personas ajenas a esta organización marxista. Al fin y al cabo es lo que ha hecho Paco Rodriguez toda la vida : poner caras amables (por tanto, que no pertenezcan a la UPG) para que den la cara. Yo creo que mientras que este señor no sea depurado, el nacionalismo gallego esta acabado.

1 Xanti

El PP es el señor X de La Voz de Galicia, porque mucho que participen algunas personas ajenas a esta organización fascista al fin y al cabo es lo que ha hecho el PP toda la vida, porner caras amables (por tanto que no pertenecen al PP) para que den la cara. Yo creo que mientras que este partido no sea depurado, Galicia está acabada.

2 Black Crow

Los que dan la cara en La Voz y en el PP le parecerán amables a usted.

3 Cidre

Outro revés para a UPG. Non ganan para desgustos. A época dourada enganando a todo dios remata. agora cobran, como cobrou Stalin. Teñen que retrasar o seu voceiro. O Encontro Irmandiño declara a guerra antes das Eleccións. Converxencia XXI preséntase en todo o páis, xa non todo o voto galeguista-nacionalista galego caerá nas alforxas do BNG-UPG. Seguen producíndose baixas na organización, este mes nas comarcas de Compostela, Salnés, Pontevedra. Xa non celebran actos nos campos de 1ª División (Palacio de Congresos, Pavillóns deportivos, no último Consello Nacional, segundo a prensa e non desmentido polo BNG, asistiron pouco máis de 60 membros(1/3 xa pasa)....

1 Akribéstaton

E, pelos vistos, tu não ganhas para satisfações... Por algo disseram que não se consola o que não quer. Que bem se vive "contra a UPG"! (com efeito, vive-se bem à contra e se´é dum fraco ainda mais).

2 Antón

Dinos..como cobrou Stalin? analfabeto.

3 Analfabeto

Stalin cobrou, despois de anos de imposicións ideolóxicas, ditadura, gulags...coa derrota mundial. Caeu todo o que o stalinismo defendeu. E caerán os Castro, Corea do Norde e vencerá a democracia capitalista. A UPG a partir de agora....costa abaixo. E en SermosGaliza, que gasten ou invirtan eles e os seus chiringos: CIG, A Mesa, ADEGA, O Galo, Galiza Cultura, Comités, Fruga... Non caiades outra vez na mesma pedra. A UPG ten que ser reducida socialmente ao que corresponde dunha forma propia a unha forza comunista.

4 Roosvelt

Outro Analfabético que so ten cartos para ir de putas (ás que, a bon seguro, non lles pergunta se teñen o carné da UPG de marras) mentres a Galiza xaz entre estertores a cada mais agudizados acompañada por esta ralea de choromiqueiros paniaguados.....!!!!

2 Cidre

No proxecto participa xente que non é da UPG. Certo. Como certo é que quen decidiu a iniciativa foi a UPG e puxo un soldado, Néstor Rego, para controlar o novo brazo informativo da UPG, despois de perder A Nosa Terra. Co conto de xogar cos sentimentos da xente, baixo o paraugas da língua e o País, o marxismo-leninismo sempre tivo tontos e tontas útiles. Creo que xa pasou esa etapa. O galeguismo-nacionalismo galego madurou moito. Vano ter que facer como Juan Palomo,"ellos se lo guisarán y, ellos se lo comerán".

1 bouzas

Ben pouco lles importan os resultados ou facer país. O que de verdade lle importa á UPG é ter o control do medio, que nada se mova sen ser visado pola censura previa do coronel. E que os inocentes poñan pasta, que despois xa están os espabilados para dirixir e vender o medio e aos traballadores e colaboradores de xeito noxento para os que se autoproclaman marxistas-leninistas: o modelo de ANT para os que non teñan memoria. Os accionistas de Promocións Culturais Galegas non o esquecemos!

2 laia

E os traballadores tampouco esquecemos!!! Enganados por Eiré que demostrou ser cipaio do ben vivir!!!! Aínda nos deben os cartos!!!!

1 María

A UPG, como sempre, despois de deixar morrer A Nosa Terra, onde moitas e moitos puxemos cartos(onde están?), despois de sabotear Galiza Hoxe por "ser da dereita", despois de permitir ao Quintanismo estragar a oportunidade de Xornal, despois de copar a MESA, e ADEGA, etc... agora veñen de salvadores e a aproveitarse de novo da boa fe de moitos nacionalistas bos e xenerosos. Até a próxima xogada de exclusión, pero... a quen van colocar edsta xez aí?