Sanidade ve un "paso fundamental" o rexistro galego de pacientes con enfermidades raras

As enfermedades raras afectan en Galicia a unhas 200.000 persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2019 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou este xoves o "paso fundamental" que supón o Rexistro galego de pacientes con enfermidades raras (Rerga), á vez que defendeu a necesidade dunha "abordaxe integral" destas patoloxías.

Así o manifestou na inauguración do I Xornada sobre enfermidades raras celebrada este xoves en Santiago de Compostela con motivo do día mundial destas doenzas, que en Galicia afectan a unhas 200.000 persoas, apuntou Sanidade nun comunicado.

Almuiña lembrou na súa intervención a necesidade dunha "abordaxe integral" destas enfermidades raras, tal e como recolle, puntualizou Sanidade, a "Estratexia Sergas 2020". O titular de Sanidade referiuse a a creación do Rerga como un "primeiro e fundamental paso" porque "permitirá coñecer a incidencia e prevalencia das patoloxías minoritarias". Ademais, engadiu que "vai achegar coñecemento sobre a súa evolución e permitirá orientar a planificación e xestión sanitaria, as actividades preventivas, asistenciais e a investigación".

O Sergas, lembrou Almuiña, traballa no "Plan de acción de Galicia sobre enfermidades raras", concreta Sanidade no comunicado, co asesoramento de profesionais expertos e coas achegas das asociacións de pacientes.

Xornada sobre enfermidades raras en Santiago.. XUNTA/XOÁN CRESPO / Europa Press
Xornada sobre enfermidades raras en Santiago.. XUNTA/XOÁN CRESPO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta