Un falecido en Friol tras un pequeno incendio forestal

A Consellería de Medio Rural indicou que tivo constancia do incendio ás 16,15 horas e deuno por extinguido ás 19,33 horas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2019 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

Un home de 89 anos foi localizado falecido este venres en Friol, cando se extinguía un incendio que se orixinou na zona de Portasueiro, na parroquia de Cotá. Non presentaba signos de violencia e a expensas do que determine a autopsia, as primeiras hipóteses apuntan a que o seu falecemento se puido deber á inhalación de fume.

O 112 Galicia recibiu a alerta dun pequeno incendio ao redor do catro da tarde, transmitindo o aviso a Medio Rural. Tamén foi alertada a Garda Civil da localidade. Pouco despois, na zona do incendio, localizouse o cadáver do octoxenario, supostamente falecido ao inhalar o fume provocado polas chamas, segundo indicou a Garda Civil. O levantamento do cadáver produciuse sobre as 19,40 horas.

A Consellería de Medio Rural indicou que tivo constancia do incendio ás 16,15 horas e deuno por extinguido ás 19,33 horas. Afectou a unha superficie de 1,8 hectáreas das 1,6 foron de monte raso e 0,2 de arboledo. Nas tarefas de extinción participaron 2 axentes, 2 brigadas e unha motobomba. Aínda que o caso está a ser investigado, crese que o lume puido iniciarse por unha queima de restrollos.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta