A activista trans Ada Otero súmase ao proxecto do candidato do PSOE para a Alcaldía de Pontevedra

Otero desenvolveu unha plataforma dixital denominada 'Xénero diverso', desde a que pretende facer visibles as demandas, reivindicacións e problemas do colectivo LGTBI.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2019 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A moza activista LGTB de 29 anos Ada Otero Hortas converteuse na primeira persoa transexual en integrar unha candidatura ás eleccións municipais en Pontevedra xa que participará no proxecto do aspirante socialista á Alcaldía, Tino Fernández.

Pontevedresa, licenciada en Dereito e especializada en violencia de xénero, segundo explicou o PSOE pontevedrés, trátase dunha muller absolutamente comprometida coa loita polos dereitos e a non discriminación do colectivo LGTB.

Entre outros proxectos, Otero desenvolveu unha plataforma dixital denominada 'Xénero diverso', desde a que pretende non só facer visibles as demandas, reivindicacións e problemas do colectivo, senón tamén pór a disposición da cidadanía un punto de información, consulta e concienciación sobre a realidade transexual.

Así mesmo, é unha das portavoces da asociación 'Avante' en Pontevedra, unha organización galega e feminista conformada por persoas LGBT e que pretende loitar contra o patriarcado e o heteronomativismo.

Ada Otero Huertas na radio de PontevedraViva Radio © Mónica Patxot
Ada Otero Huertas na radio de PontevedraViva Radio © Mónica Patxot

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Xavolve

Se queren dar máis azos ás minorías que poñan tamén un candidato que domine o galego. Sería unha novidade no psoedg. E postos a pidir que poñan tamén un galeguista na lista.

2 Sentidiño

Talvez esta aposta non dea resultados, pero fas moi ben en tentalo. Moita sorte, Ada, e grazas polo teu compromiso.

1 Gamela

Heteronormatividade é outro xeito de dicir que fas o que che mandan ? Pois adiante outra que vai camiño de cobrar polo morro !!! Boto de menos unha cuota de pobreza para entrar nas institucións a chupar do bote... Búscase pobre de solemnidade para candidato a Alcaldía !!!