ERC, Bildu e BNG usarán as europeas para "visibilizar" o xuízo ao procés e o desafío independentista

A cabeza de lista será para Esquerra e o número dous, para EH Bildu. Ana Miranda queda relegada ao posto quinto.

Por Europa Press / Redacción | BRUSELAS | 06/03/2019 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Os candidatos de ERC, Bildu e BNG ás próximas eleccións europeas do 26 de maio esperan usar a coalición baixo a que concorrerán 'Agora Repúblicas' para "visibilizar" na escena europea o xuízo contra doce líderes independentistas no Tribunal Supremo e o desafío independentista.

"Con estas listas queremos visibilizar este retroceso democrático que estamos a vivir en Cataluña, en España e nesta Europa, que veremos como se conforma para non só non ir cara atrás, senón para ir cara adiante", declarou á prensa en Bruxelas o 'número dous' de ERC na coalición, Diana Riba.

Riba será parte da coalición, nun intento tamén por dar maior notoriedade ás familias dos políticos cataláns en prisión preventiva polo seu papel no 'procés', como é o caso do seu home, o exconselleiroo Raül Romeva, quen tamén foi eurodeputado no pasado.

A cabeza de lista será o exvicepresidente da Generalitat e tamén exeurodeputado Oriol Junqueras, ao que se quere reservar tamén un papel relevante na campaña para darlle visibilidade, a pesar de permanecer en prisión preventiva.

Fontes da coalición de formacións independentistas de esquerda recalcan que a pesar de estar en prisión, Junqueras "mantén os seus dereitos políticos intactos" e por tanto conta con que poida recoller a súa acta de eurodeputado --na Xunta Electoral en Madrid--, tras as eleccións ao Parlamento Europeo deste maio.

"A candidatura seguirá loitando para que Oriol Junqueras sexa eurodeputado a próxima Lexislatura", dixo tamén Riba, quen criticou que nos últimos anos a Unión Europea se mova "entre dúas augas".

A CABEZA DE LISTA, DE ERC E O DOUS, DE BILDU

'Agora Repúblicas' reservará o postos un, tres e catro a ERC; mentres que o segundo escano sería para o representante de EH Bildu, Josu Juaresti; e o quinto para Ana Miranda, do BNG.

Fontes da nova agrupación sitúan a cuestión de Cataluña como primeiro asunto da súa axenda para a próxima lexislatura europea, aínda que os partidos pactaron unha fórmula para asegurar que todas as siglas e os seus programas "teñan sempre representación" na Eurocámara, polo que Miranda volverá a estar na Cámara europea os meses que lle toque por porcentaxe electoral.

ERC, Bildu e BNG usarán a súa coalición ás europeas para 'visibilizar' o xuízo. BNG
ERC, Bildu e BNG usarán a súa coalición ás europeas para 'visibilizar' o xuízo. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 Rira

O posto é o de menos. Os irlandeses nunca sentaron en Londrés aínda que presentaron a Bobby Sands (preso político-militar xa moribundo por folga de fame) e gañou. Morreu pouco despois e o escano non se ocupou. Os cstaláns fan a mesma xogada, visibilizar aos seus presos políticos e ao sistema represivo español. Votarei BNG e ben contento. Sen democracia no estado español compre estar cos que poden rachar este círculo vicioso de asoballamento das nacións ibéricas sin estado. Moitos mirades tanto cara Madrid que non sabedes nada de historia política de pobos irmáns que levan séculos a loitar contra o colonialismo centralista e uniformizador.

9 Felipe Susto

No hay quinto malo! (aprended de la sabiduría popular!!)

8 Sentidiño

É evidente que Junqueras non vai poder ir, así que o posto é o cuarto. Quen queira que o bng conte máis, que o vote; quen pense que non ten futuro, que non o vote. Non vexo o problema.

7 José

Para algunhas persoas, que a ERC a voten 500.000 persoas, a EH-Bildu 250.000 e ao BNG 100.000, non é razón para situar Ana Miranda no posto nº 5, debería ir de primeira. E que algúns cataláns dixesen que Galiza, tendo percebes, non precisa de AVE, segue sen ser entendido baixo a perspectiva do colonizado e non dun cidadán que aspira á independencia. Ese é o país das cavernas escuras ao que nos queren condenar quen escrebe comentarios como muitos dos que hai por aqui.

6 Biobio

El BNG haciendo de comparsa de Bildu-ETA y de los golpistas catalanes que se oponián al AVE a Galicia. PP y Vox ya tienen la campaña hecha