Otegi pon a alfombra ao BNG para que entre a ser parte dun grupo con EH Bildu e ERC no Congreso e Senado

O político vasco afirma que na "unidade de acción estratéxica" anunciada con Esquerra Republicana de Catalunya "haberá actores de Asturias, Galicia, Canarias e Aragón".

Por Europa Press / Redacción | Portugalete | 10/03/2019 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi, afirmou que a "unidade de acción estratéxica" anunciada este pasado sábado con ERC non será só coa formación catalá e "haberá actores de Asturias, Galicia, Canarias e Aragón que van entrar, probablemente, nesa unidade de acción", que se concretaría na conformación dun grupo parlamentario propio común, de acadar representación nas eleccións xerais.

Entrevista de Europa Press ao coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi. H.Bilbao - Europa Press
Entrevista de Europa Press ao coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi. H.Bilbao - Europa Press

Nun acto na localidade biscaíña de Portugalete, no que presentou a Iker Gil como candidato de EH Bildu á Alcaldía nas próximas eleccións do 26 de maio, sinalou que "a etapa na que participabamos no Congreso e o Senado desde a perspectiva dunha sigla política está superada". Deste xeito, incidiu en que ese "modelo de intervención" nas institucións españolas e europeas é "un modelo da fase anterior, autonómica".

Así mesmo, sinalou que o programa de mínimos que configura o acordo alcanzado con ERC é "claro" e abarca "o respecto ao dereito de autodeterminación, a liberdade de todos os presos políticos e o desenvolvemento de políticas contra o austericidio".

EH Bildu, ERC e BNG concorren xuntos ás eleccións europeas baixo a denominación de 'Agora Repúblicas', encabezadas por Junqueras e con Ana Miranda como representante da formación nacionalista galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 Azrael

En Galicia o BNG ataca e combate á esquerda independentista galega, á que acusa nin máis nin menos que de "españolista", e despois xúntase co independentismo vasco e catalán para ser os seus vasalos. Incoherentes até o final.

1 Nomenzós

HAHAHAHAHA! Tremenda piada. Non o cres nin ti. O BNG é un partido nacionalista galego ao servizo do dereito de autodeterminación da nación galega, punto primeiro do seu estatuto. Hai moitísimos independentistas galegos no BNG porque é onde teñen que estar e non a perder o tempo con pintadas e pegatinas ou chamando á kaleborrokeira e facendo de mordomos dos de Pablemos e resto de mareantes en Madrid.

3 Desfeita

Que honor, ser considerados como Andecha Astur! O can mudou de amo, pero segue sendo un can.

1 Arranxo Voar

Esquerra e Bildu, os que cortan o bacallau. Andecha e Bloque, as mascotas. A única alternativa é a coalición entre a esquerda independentista (Anova e FPG) e a esquerda federalista (Podemos e EU). Funcionou ben no 2012 e aínda mellor no 2015.

2 Desfeita

Anova e FPG (son cousas diferentes?) veñen ser a Andecha Astur de Unidas Podemos. A alternativa é unha forza galega non sometida a intereses alleos. Amigos si, pero a vaquiña polo que val.

3 Gota Non

Pois o BNG xa non é unha forza galega non sometida a intereses alleos. Agora é un apéndice de Esquerra/Bildu.

4 Desfeita

Por iso fai falta outra forza galega, unha que crea nos galegos e non espere a salvación de Madrid nin Barcelona. O BNG e Anova xa foron.

2 Cachamuíña

Este home formou parte de ETA. Participou en crímenes contra adversarios políticos e amparou a violencia dos asasinos de esa banda de crimináis. Non sei si agora mesmo o seu rechazo a violencia é consecuencia dun cambio nos seus valores ou puro tacticismo. Tampouco me importa. O certo é que non ten lexitimitdade moral para seren representante de ninguén. SI é certo que rexeita á súa actividade en ETA, que axude a Policía e Garda Civil na resolución de moitos casos que aínda fican sin resolver. E aos que agora "blanquean" o seu pasado, lembrarlle que non se pode chamar fascista a Abascal, Casado ou Rivera, e pola contra, ir con este home da man nunha lista electoral...a non ser que un sexa igual de fascista que o que este suxeito demostrou ser.

1 Gamela

Con Ana Miranda de número catro da lista Agora Repúblicas !!!

1 Chalana

Se estás tan doente con Miranda e o BNG, hai que pensar que están a facer o correto.

2 xacobe

Xa, pois ben que Beiras petaba na porta...