O Concello de Valga celebra un pleno e unha concentración tras o asasinato dunha muller polo seu marido

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2019 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

O Concello de Valga celebra un pleno extraordinario urxente este luns ás 12,00 horas, tras o que realizará tamén unha concentración de repulsa contra a violencia machista, despois do asasinato dunha muller o domingo a mans do seu marido.

O home de 46 anos, matou cunha escopeta á súa muller, de 43, na súa vivenda de Valga e despois suicidouse tamén dun disparo, segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil da provincia.

Está previsto que o pleno extraordinario do Consistorio sirva para decretar varios días de loito e mostrar a firme condena contra a violencia machista, así como o apoio á familia da asasinada.

Fontes do Concello confirmaron que non lle constaban antecedentes de denuncias por violencia de xénero neste matrimonio, que tiña dous fillos, ambos os maiores de idade. Tamén o Parlamento de Galicia, para este mediodía, ten convocada unha concentración dun minuto de silencio en repulsa contra a violencia machista e en memoria das vítimas de Sober e de Valga.

E é que o venres, unha veciña de Sober (Lugo) de 63 anos foi asasinada en Madrid pola súa parella, un home de 81 que despois tamén se suicidou. Por iso, este Concello lugués realiza este luns ás 12,00 horas unha concentración en repulsa da violencia machista.

A violencia machista tamén existe no rural, pero a necesidade de axuda semella desoída
A violencia machista tamén existe no rural, pero a necesidade de axuda semella desoída | Fonte: Silvia López

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta