Crónica electoral da campaña

O xornalista Valentín Carrera escribirá varias crónicas electorais durante a campaña do 20N para o GC. Baixo o título" Tenda de campaña: caderno electoral periférico", irá narrando periódicamente as anécdotas da campaña. Nesta primeira peza alude ás enquisas do CIS.

Por Valentin Carrera | Compostela | 05/11/2011 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

Día 1. O susto do CIS

«Tú, gitana que adivinas, me lo digas, pues no lo sé, si saldré de esta aventura o si en ella moriré. Si en ella pierdo la vida o en ella triunfaré”, canta a nova voz feminina de Luar na Lubre que hoxe inicia a súa propia campaña, musical, nese programa de TVG, Luar, que leva vinte anos gañando a votación popular por maioría absoluta. Vén ata na frikipedia [http://www.frikipedia.es/friki/luar] que é o lugar natural onde debería aloxarse a campaña electoral que empezou onte e que se nos antolla friki, friki, friki.

Basta ver o seu algoritmo 20N: a data fatídica da morte de José Antonio Primo de Rivera (fundador de Falange, porque a estas alturas xa ninguén se acordará) e de Francisco Franco, caudillo de España pola Graza de Deus. A mesma terrible data en que Diana de Gales confesou publicamente en TV que cometera adulterio. E vai Zapatero e escolle o 20N para o seu suicidio colectivo: eu suicídome; ti, Rubalcaba, suicídasche, o PSOE se suicida, nós suicidámonos, vós suicidádesvos, eles arrasan.

Por se eran poucas as malas noticias, a campaña almórzase co estudo nº 2.915 do CIS que profetiza 121 escanos do PSOE fronte a 190 do PP, que en Galicia se traduce en 15 deputados para o PP, 6 para o PSdeG e 2 para o BNG. Dito en titulares, soa a catástrofe, pero o PSOE “só” perde un deputado por provincia e o BNG, contra prognósticos agoreiros, mantén o seu chan.

Cos datos pódense facer cábalas: nas Municipais de Maio, o BNG tivo 261.000 votos, pouco menos que nas Autonómicas do 2009 e cincuenta mil votos máis que nas Xerais de 2008. Todo indica que o BNG resistirá, fronte a un PSdeG que se esborralla desde os 750.000 votos en 2008 aos 482.000 do 2009 (29% dos votos, é dicir, o mesmo porcentaxe que agora lle prognostica o CIS) e que, na peor das pesadelas para os de Pachi, o PSdeG podería repetir chan cos 411.000 votos que obtivo nas recentes Municipais.

En canto ao PP reunificado e das JONS, resolto o tumor baltárico, cabalga sobradamente sobre a onda camiño de converterse no partido hexemónico de Galicia, o PRI que agradará aos investidores mexicanos cortejados por Feijóo, deixando a PSOE e BNG con poder residual para outra década.

Tales son as previsións do primeiro día, pero ata o rabo todo é touro e, como a campaña e os seus protagonistas parecen vivir no mundo de Yupi e aínda non escoitaron nin un pouquiño a voz da rúa, podería pasar de todo. O 15*M e o 15Ou están vivitos e coleando.

Mentres, na paisaxe da estulticia electoral érguese con jactancia propia a figura ecuestre de Abel Caballero, multado pola Xunta Electoral, por chulo. E a Pepe Branco, por se non tivese bastante con defender como un Campeón a súa honradez ante o Supremo, tamén lle denuncian por visitar a catedral de Lugo. ¡Que xa non pode un nin sequera ir a misa en campaña! @Tornarratos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

7 filantrópico

¿Porque os administradores de GC non sacan ningunha nova sobre o gasoliñeiro do Pepiño? ¿estarán a procura dun bis a bis na cárcere? seguiremos investigando...

6 Pedrouzo

O galego de este home neste artigo é manifestamente mellorable

1 Valentín Carrera

Certo. E pido desculpas. Non é a miña lingua nai, pero téntoo. Xa aprendín galego catro veces e todas mal: a primeira, na Universidade, 1974-82, "compañeiros fagamos un intre". Tiven que borrala. A segunda falando cos mariñeiros de Combarro e Cangas: chea de faltas de ortografía e pouco normativa. A terceira nun curso da Xunta. A cuarta, nos libros de texto das miñas fillas. Tomo o teu comentario como unha crítica construtiva. Grazas.

5 Equo non grazas

O que segue é o remitido por Equo sobre o gelego (lamento o tamaño, pero creo que debemos difundilo). Argumentario para la cuestión del idioma En este punto tenemos que mirar a la equomunidad de A Coruña, que puede constituir una representación bastante fiable del perfil de nuestros posibles votantes. Aunque todos/as apostamos por la defensa del idioma propio, la mayoría de los/as compañeros/as es castellano-hablante. Debemos ser conscientes de que los gallego-hablantes militantes están dentro de la órbita del BNG y, por ello, conviene no pasarse de frenada con planteamientos más propios del BNG que de un partido ecosocialista. Tampoco tenemos que mirarnos en ICV, dado que la situación catalana es totalmente diferente a la gallega. Y tenemos que tener en cuenta que la inmersión lingüística en el País Vasco es algo completamente imposible por las características del idioma. La situación gallega podría ser algo intermedio entre ambas autonomías.

1 equo ...

1.- No debe defenderse la inmersión lingüística con ese nombre porque genera rechazo al estar asociado a la imposición. 2.- Hay que trasladar el foco del problema acusando a ambas partes de haberlo politizado, rompiendo el consenso previo. 3.- La acusación al PP debe ser contundente y reflejar una política consciente y premeditada de erradicación del gallego en línea con Galicia Bilingüe. 4.- La acusación al BNG debe ser más comprensiva, echándole en cara sólo que se haya equivocado al entrarle al juego que le interesaba al PP, el de politizar la cuestión del idioma. 5.- También cabe señalar que, al centrarse tanto el BNG en la cuestión del idioma, esté desatendiendo otras cuestiones sociales que merecerían más atención.

2 equo ...

6.- Debe subrayarse la diferencia entre lo que dice el PP, defensa del bilingúismo, y lo que hace, caminar hacia su eliminación, haciendo de la mentira una de sus armas políticas más recurrentes. 7.- Tenemos que defender una política lingüística basada en la aceptación de que el idioma es una riqueza cultural y no en la imposición a una mitad de la población (la que haya perdido las elecciones), porque esto sólo va a generar un enconamiento de las posturas. 8.- Deben llevarse a cabo todas las medidas educativas necesarias que propongan los técnicos para que exista un bilingüísmo real, auténtico y funcional (pero sin hablar de inmersión lingüística). 9.- Deben apoyarse todas las medidas de discriminación positiva hacia el gallego para compensar la persecución histórica de la que fue y es objeto. 10.- En esta línea, puede apoyarse que todos los escritos, formularios, rótulos, etc. de las administraciones gallegas se realice sólo en gallego.

3 equo...

A diferenza con Cataluña é unha ofensa aos galegos. Chegan a propoñer que se deixe a política lingüística nas mans dos técnicos. Implica que desde Equo renuncian a desenvolver temas en conflito. Que lles parece se deixamos tamén en mans dos técnicos (presuntamente neutros e imparciais, verdade?) tamén a política ambiental e social? Para que queremos os políticos (cando menos os de Equo)?

4 equo...

Para avanzar na liña política proposta imos axudarlles con exemplos moi sinxelos. Poden tamén dicir que están polas enerxías renovables en Cataluña, pero en Galiza pola situación xeográfica, por estar nunha esquina do mapa, apoian as térmicas? Dada a situación histórica, por tradición e obediencia, os galegos poden seguir tendo salarios e pensións máis baixas que os cataláns? Aínda que están polo control das especies invasoras en Cataluña, en Galicia a terra aguanta con todo, e aínda que o carballo é moi bonito e mesmo folclórico, mais por costume, por non contrariar e por ter o avó do militante tipo de Equo unha leira plantada de eucaliptos, pois que adiante coa expansión eucalipto? definitivamente, mellor que verdes os de Equo son inmaturos!

5 equo...

Remato, disculpen o tamaño, aclarando que non son do BNG, nin voto BNG (o partido dos vendidos barato, barato). Simplemente estaba na lista de distribución de Equo, a quen si lle farei campaña, pero EN CONTRA, dada a diferenza de trato -ou o noxento oportunismo do político camaleón- entre galegos e cataláns.

6 aaaaaaag

Que noxo dan estos tiparracos de Equo. Parece o nome dun puticlub, logo debe ser un puticlub. Non pasarán dos mil votos en toda Galiza.

7 can palleiro

Os pequeno burgueses en bicicleta de eQuo, os ecopacifistas otanianos de bombas con uranio enriquecido son un dos maiores montaxes do circo político. Defenden as enerxias alternativas e defenden un sistema que pon o desenrolo das enerxias alternativas nas mans das grandes transnacionais de hidrocarburos.

4 Valentín Carrera

Pontevedrés: máis ben dixen o contrario, que o PSdeG se esborralla e pode perder 300.000 votos. Como di Analista, xa se verá o 20N; eu non fago pronósticos. Todas as enquisas teñen "cociña", supoño; mais 200 escanos paréceme algo moito. En canto a Galaico, non discutín a lexitimidade do PP; outra cousa é que o sistema nos leve a este bipartidismo atroz. Nas Xerais do 2008, o PP tivo 800.000 votos e o censo galego é de 2.300.000. Como mínimo, hai 1.500.000 electores galegos que non elexiron PP. E a mesma conta co PSOE. E pediría que o debate sexa sobre feitos ou opinións, deixando ao marxe ao mensaxeiro. Grazas en todo caso.

1 Analista

D. Valentin: como vostede é un home sério, recoméndolle que lea a letra pequena da ficha técnica da enquisa do CIS. Verá dúas cosas moi importantes: a) é a enquisa coa mostra máis significativa de todas as que se fan. Nada menos e nada máis que 17.236 entrevistas realizadas en persona...eso sae moi caro. As enquisas normais non pasan de 1.500 entrevistados e moitas por teléfono... e b) lea ao final da ficha técnica: Dado que los datos de los indicadores “intención de voto” e “intención de voto + simpatía” son datos directos de opinión y no suponen ni proporcionan por sí mismos ninguna proyección de hipotéticos resultados electorales, en este anexo se recogen los resultados de aplicar un modelo de estimación a los datos directos de opinión proporcionados por la encuesta. Obviamente, la aplicación a los mismos datos de otros modelos podría dar lugar a estimaciones diferentes. A bon entendedor, poucas verbas.

2 Analista

Polo que se está a cocer, D. Valentin, estamos diante dun verdadeiro tsunami eleitoral. Os analistas do CIS son xente profesional e séria...Non sei se me explico. Analice a campaña e verá que ao PP tampouco lle interesa moito que o PSOE se desplome, como indican os dados da enquisa...Hai máis: a enquisa mide un absoluto esgotamento do modelo bipartidista...pero faga o seu traballo e indague..Os dados están ahí para quen saiba velos.

3 Analista

A tendencia demoscópica, D. Valentin, indica que o modelo bibartidista tende a dar paso a un modelo monopartidista encarnado no PP...Todos os demáis tenden a desaparecer, agás UPyD, PNV, CiU e Amaiur... É o que está a pasar coa crise. Por iso, os analistas do CIS quedaron abraiados e aplicaron o modelo de ponderación. O invito a que faga o seu traballo e cúbrase de gloria.

4 Analista

Esquecin IU, que medra moito...Saúdos.

3 pontevedrés

Si ahora va a resultar que el PSOE, aunque pierda cuatro, va a mantener su poder en Galicia. Lo que faltaba, hombre. Que lo dicho. Que los socialistas y los nacionalistas se van a llevar un buen tirón de orejas el próximo 20N... Y yo ya lo estoy celebrando, je, je.