Aumentan un 50% as queixas cidadás sobre o tratamento recibido pola Xunta

O pasado ano producíronse 1.104 queixas e 113 suxestións sobre o funcionamento ou servizos públicos. A Consellería de Política Social encabeza o ranquing.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2019 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

A Consellería de Política Social foi a que maior número de queixas recibiu no Sistema de atención á cidadanía da Xunta de Galicia, case un terzo do total de 1.104 rexistradas en 2018, debido, no seu maior parte, a temas vinculados coas axudas á dependencia.

Conforme aos datos achegados pola directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, na Comisión Institucional no Parlamento galego, o pasado ano producíronse 1.104 queixas e 113 suxestións sobre o funcionamento ou servizos públicos nun "incremento notable" con respecto ao ano anterior: un 66% máis nas suxestións e un 50% nas queixas.

Un "incremento que se está a producir tanto no modo de presentación en liña como telefónica a través do 012", mentres que o presencial se mantén nos mesmos niveis. Por sectores, puxo en valor que o maior número de queixas deriváronse de erros na prestación de servizos públicos, na tardanza na presentación de citas de servizos, en fallos ou interrupcións electrónicas ou do mal estado das instalacións.

E por departamentos, tras a Consellería de Politíca Social situáronse as de Economía e Industria e a de Medio Rural, aínda que na Comisión o deputado do PSOE, Juan Manuel Díaz Villoslada indicou que na listaxe non se incluían os datos de Sanidade nin de Educación.

Ante as "queixas reiteradas polos mesmos motivos" en Política Social, a directora xeral defendeu que se reforzaron en 14 os equipos de valoración e mellorouse a xestión de citas, entre outras medidas.

En canto ás chamadas ao teléfono 012, desde a súa creación en 2012 recibiu 3,8 millóns de comunicacións, sendo Medio Rural a que encabeza as preferencias, con 328.000 en 2018, máis dun 60% do total. Séguenlle solicitudes de información xeral, o apoio á mobilidade persoal, o servizo de información a demandantes de emprego, e de dependencia, entre outras. Tamén destacou que se recibiron preto de 40.000 chamadas vinculadas coa área de muller e ata 49.000 por avisos de velutina.

En canto ao portal de transparencia da Xunta de Galicia, con datos de 31 de decembro de 2018, estaban dispoñibles máis de 2.400 documentos para consultas e recibira máis de 4.000 visitas nun ano.

OPOSICIÓN RECLAMA OFICINA INDEPENDENTE

Desde a oposición, tanto PsdeG como BNG reclamaron a existencia dunha oficina de atención aos cidadáns independente, á marxe da administración. Desde En Marea, o seu portavoz Luís Villares cuestionou "se hai programas para achegarse á xente maior", se "son suficientes os puntos de atención no sete grandes cidades" ou se sería "necesaria" unha "mellora desta situación", alertando qeu "a utilización deste portal non está ao alcance de toda a poboación pola brecha xeracional que fai que moita xente maior non poida acceder con normalidade e polos requisitos técnicos".

A Consellería de Política Social encabeza as queixas na oficina de atención. XUNTA DE GALICIA
A Consellería de Política Social encabeza as queixas na oficina de atención. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta