En Marea pide que se investigue a contaminación das augas da Limia por mor do xurro

Solicitan tamén a regulación dos residuos agrogandeiros e a posta en funcionametno dunha planta de tratamento "que leva anos pechada"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2019 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

En Marea denunciou este xoves ante a Fiscalía de Medio Ambiente de Ourense o problema ao que está "sometida" a comarca da Limia por mor da produción gandeira intensiva e a contaminación por xurro.

Así o explicou o deputado Davide Rodríguez, que visitou a zona acompañado do candidato de En Marea ao Congreso por Ourense Iván Olmos, ademais de Manuel García, membro do Movemento Ecoloxista da Limia.  Davide Rodríguez reclamou á Xunta que dea "algún tipo de solución ao problema" e que proporcione información sobre a situación para achegar á demanda da Fiscalía.

A documentación solicitada fai referencia ás medidas que a consellería tomou con respecto ás esterqueiras, aos envases de produtos que "aparecen esparexidos pola Limia" e ás empresas que están a reciclar os xurros que se xeran en toda a provincia.

No relativo ás medidas a tomar, o deputado de En Marea solicitou a apertura dunha investigación para "depurar responsabilidades" sobre a contaminación das augas da comarca, a publicación dun decreto de obrigado cumprimento para regular estes residuos agrogandeiros, a posta en funcionamento dunha planta de tratamento que "leva anos pechada e que se fixo con fondos europeos" ou a elaboración dun censo actualizado sobre a carga gandeira que soporta A Limia.

Do mesmo xeito, reclamou a ordenación das explotacións existentes, unha revisión das superficies asociadas ao retiro dos xurros para ser adecuados ao tamaño das propias explotacións e un control exhaustivo das empresas de transporte.

Integrantes do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) protestan polos problemas de contaminación con xurro da comarca
Integrantes do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) protestan polos problemas de contaminación con xurro da comarca | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta