Xa vese como de obxetivo, serio e comprometido co país é o voso proxecto "profesional" xornalistico...
1 A que veñen as vírgulas na verba artista?...
2 A iniciativa semellante mais sobranceira nistas elección non é a de apoio ao PSOE, é a de apoio ao candidato de IU por Asturias, (como di a prensa de dereitas, a cella deixou a Zapatero), o curioso e que apoien a un candidato por Asturias unha chea de persoeiros que na súa maior parte non teñen ningunha vinculación asturiana... Será unha nova modalidade, a do intelectual "cunero"...
Si, mas non esquezas que eses de IU aos que ridiculizas van ser quen deixen a Olaia Fernández na sua casa de Vigo os próximos catro anos. Je je je.
O feito de non iren unidos ás eleccións o BNG e EU non ten perdón de Deus. É un_a traizón ao pobo galeo e á esquerda. A sú obriga é ser alternativa á dereita pepeira e á dereita pesoecialista (non "socialista"). ¿Por que non poden presentar candidatura conxunta, cun programa seriamente de esquerda e galeguista? Fácil: por que non lhes sae das pelotas.
A dereita vai unida no PP, ao que lhe vota toda a dereita, desde a moderada e "moderna" (agás a nacionalista no País Vasco e en Catalunha) ata a extrema dereita na súa maioría. Non esquezamos que o PP procede de "Alianza Popular" (partido fundado por exministros franquistas, e non só Fraga) que, á súa vez, era a unión de pequenos grupos de dereitas, case todos ou todos ex-franquistas.
Desta maneira, ¿como nos pode estranhar que a dereita no estado espanhol, e especialmente en Galiza, ganhe as eleicións? Aquí case sempre arrasa con maioría absoluta. Claro que non ocorrería iso cun pobo digno e concienciado, e non o conxunto de paspáns e subdesenvolvidos mentais que por desgraza temos en Galiza, pero ademais a esquerda, especialmente en Galiza, demostra estar ao mesmo nivel do común dos votantes: son incompetentes e nin unirse saben nin queren, cando só sería cuestión de vontade política facer un_a candidatura conxunta polo menos entre o BNG e EU-IU. Digo polo menos. Non se fai, e para min iso demostra ás claras que non se lhe quere plantar cara á dereita en serio.
Pero camarada Xoelho..volvemos as andadas con IU? Teño que recordarche o que lle pasou o SOE hai 14 anos? En canto rematou o reconto, os de IU cos seus 2 deputadiños, díxeronlle o SOE que ahí se quedaba e o que pensaban da "unión da esquerda". E vai o camarada Xoelho, nacionalista de pro, deixándose engatusar e chamando incompetentes a outros (quen foi a falar!). A unión do SOE con IU pode que teña algo de sentido..pero un partido nacionalista galego con outro que non o é?? Se aínda me dixeras a FPG..Os de IU queren unión co BNG? Moi ben..que disolvan o partido en Galiza e se integren como militantes de base no BNG. Transmítelle esta proposta ó Camarada Secretario Xeral do PCE en Galiza, Xoelho. Hai que unir a esquerda, non?