Rubén Pérez: "É o momento de construír a esquerda alternativa deste país"

EU está a desenvolver unha campaña moi activa na que chama á "rebelión". Rubén Pérez, candidato en Pontevedra, explica os obxectivos deste partido para o 20N.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 16/11/2011 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial (GC). As enquisas dan unha subida espectacular a EU. Confiades vós tamén en obter vos resultados?
Rubén Pérez (RP). Nunca valoramos enquisas porque como moi ben di o noso candidato á presidencia Cayo Lara as urnas están baleiras e todo é posible. O certo é que a proposta programática de EU-OV está chegando a moitos sitios onde facía anos non estábamos os candidatos e candidatas presentando propostas e solucións dende a esquerda. Con moitas limitacións de recursos pero cunha militancia exemplar e case "heroica" e cunha receptividade ás propostas de EU-OV notable.

GC. Sen embargo, en Galicia, a cousa segue difícil porque non hai perspectivas dun escano. A que credes que se debe isto?

RP. A lei electoral é perversa con EU. O propio Martín Villa, ponente da lei recoñece que buscou que os partidos, como no seu tempo o PCE con representación en todo o estado, tivesen una paridade votos-escanos moi desproporcionada. En Galicia o BNG usou ademais as crises da esquerda para usurpar un espacio electoral que era da esquerda, non do nacionalismo, que cando di "Galicia" refírese a unha idea de que patronal e traballadores temos os mesmos intereses ante os poderes fácticos do estado (o que eles chaman Madrid). É o momento sen dúbida de construír a esquerda alternativa deste país desenmascarando algunhas posicións oporturnistas pero confluíndo tamén con moita xente do ámbito do soberanismo.


GC. Credes que o BNG vos quita votos aquí?.

RP. Como dicía o BNG apropiou un espazo orfo dunha esquerda alternativa e plural. En Vigo por exemplo estamos recuperando ese espazo, incluso a nivel municipal nos barrios obreiros como Navia ou Teis EU está sendo a terceira forza en moitas mesas. Hai unha recomposición do espazo da esquerda e un desprazamento do BNG ao único espazo que é capaz de defender de xeito críble que é o modelo CIU-PNV e non o de esquerda alternativa.

O "sorpasso" en Ferrol

GC. Pregúntocho porque en Ferrol comprobouse que cando o BNG se afundiu, foi EU quen triplicou resultados.
RP. Ferrol é un exemplo pero tamén Vilagarcía. O BNG tocou moito poder municipal e autonómico para facer o mesmo que os outros partidos do "bipartidismo". Algo terá que ver neste "sorpasso" o feito de que podemos afianzar en Galicia que esa xestión do BNG non fose identificada como esquerda anticapitalista polos traballadores e traballadoras.
 

GC. Cales son as claves de EU nestes comicios?
RP. Financiar todo o programa de EU (sanidade, educación, emprego, desenvolvemento sostible...) require esencialmente ir a onde están os recursos, e dicimos que saen da alta taxa de fraude fiscal (maioritariamente do gran capital) que equivale ao 23% do PIB, pero tamén sae dunha fiscalidade xusta que equipare as rendas do traballo ás do capital evitando que sexamos os traballadores e traballadoras os que paguemos á crise. Hai unha aposta por crear 3 millóns de postos de traballo partindo do fin do proceso de acumulación de capital en mans dunha minoría. EU considera que foi demencial ser o país da OCDE onde o beneficio do capital foi máis alto entre 1980 e 2010 e os salarios creceron moi por debaixo deste capital, e por enriba aumentou o desemprego. Iso explica perfectamente o que Marx chamou "proceso de acumulación capitalista".


GC. E os obxectivos?
RP. O grupo parlamentario sen dúbida e un obxectivo prioritario pero EU quere que este sirva para dar a voz á mobilización social que fai falla neste país para mudar o modelo de desenvolvemento económico. Un grupo parlamentario forte pero baixado á realidade das rúas e das asembleas populares como o 15-M é o único camiño.


GC. Rebélate... Ese é o lema co que vos presentades. Un pouco guerreiro, non?

RP. Son tempos duros para os que fai falla rebeldía. A contradición capital-traballo aperta e as vellas fórmulas de loita de clase seguen perfectamente vixentes aquí, en Grecia ou Portugal....

"Revolución ampla e plural"

GC. Que revolución procurades?
RP. Esencialmente o que di a Internacional: "cambiar o mundo de base para os que os nada de hoxe sexan todo", unha revolución ampla, plural e multipolar pero que coincida inequivocamente no anticapitalismo.


GC. E como afectará o 15M á campaña?
RP. Nós estamos asistindo a canto debate ou proposta somos convidados polo movemento. Esta sendo exemplar a súa pluralidade á hora de convidar a tódolos partidos de igual a igual polo que creemos que a súa principal aportación é dotar de pluralidade á política deste pais. Neste aspecto é o que máis agradecemos á súa existencia e por suposto en denunciar o cadudo e inxusto sistema electoral.


GC. Hai quen di que vós seredes os grandes beneficiados dese movemento?.

RP. Do 15M é parte todo o ou a que queira ser parte, independentemente de militancia ou orientación política. Esa pluralidade fai converxer moitas propostas con IU outras non como o das listas abertas que nos consideramos á porta de entrada ao populismo (modelo GIL en Marbella) en política. Pero no esencial o acordo programático e propositivo é moi alto.

Os votantes "volven a casa"

GC. Tamén da previsible devacle socialista. Moitos dos seus votos tamén irán a EU... O iso din os inquéritos.
RP. En 2004 e 2008 o PSOE tomou moito voto de EU, que non era voto habitual do PSOE porque o medo ao PP era terrible, o propio Zapatero no 2008 dicía "que tomaba nota deste (mal chamado) préstamo de votos" e que polo tanto faría políticas de esquerdas orientadas a este electorado. Defraudados polas políticas de dereitas e servís da plutocracia comunitaria o votante de EU volve á confiar na forza que leva anos denunciando Maastrich, as reformas laborais, o sistema financeiro, etc... é un volta a casa que agradecemos ao electorado e que sen dúbida nós saberemos non defraudar.


GC. Con todo, a vosa subida chega no momento de maior fortaleza do PP. Isto non escoce un pouco?
RP. É lamentable que traballadores e traballadoras de este país vaian a votar ao PP pensando en clave de medo ao desemprego e a crise. Os culpables da crise son eles e nos incluso dicimos que 11 dos 14 posibles deputados que se xoga IU neste proceso xóganse co PP polo sistema de Hont, e de caer para o lado noso serían 11 deputados menos do PP, non do PSOE, polo que o voto útil neste caso é IU e quen sabe se eses 11 deputados serán definitorios para configurar unha maioría de esquerdas......


GC. E, persoalmente, como levas a campaña?
RP. Terrible porque teño un ERE temporal na empresa que traballo e non podo ter suficiente tempo como noutros procesos. Ademais o crecemento organizativo de EU lévanos a facer moitos quilómetros e multiplicar os actos e foros. Todo o esforzo se fai cunha ilusión tremenda pero cun esforzo titánico


GC. Sen embargo, non se che ve moito nos medios de comunicación?. Cres que hai monopolio mediatico tamén nos comicios?
RP. Sempre, aínda que agora cremos que a maior dificultade é que os medios recurtan plantillas (hai menos xornalistas e fotógrafos) e a pluralidade vese afectada dobremente xa que non hai plantilla para tanto acto electoral. Pedimos públicamente que se aumentara plantilla aos medios, sobre todo cando reciben cartos institucionais inxentes pero parece que nada se move. O exemplo de pluralidade o estades dando os medios dixitais. O maior instrumento que ten hoxe en día EU é a rede e por suposto o pateo da rúa.

GC. Un desexo para o 20N
RP. Converter a indignación en voto rebelde, nunha forza alternativa modulando o bipartidismo brutal que vivimos neste país. E sobre todo ademais de votar participar activamente na sociedade civil, nos movementos sociais, nos sindicatos de clase e polo tanto en construír un novo mundo.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 98 comentarios

20 Pomelo

IU es un arbol podado muchas veces por tan malos jardineros que nunca podra reverdecer, movimientos como el 15m nos quitan el espacio y concitan el entusiasmo que una vez nos despertó el PCE pero que ya no consigue reverdecer. Todos los dirigentes que sucedieron a Santiago han sido desastrosos y han convertido IU en lo que es, una secta de la que se han ido dando un portazo uno detrás de otro. (Carrillo, Iglesias, Sabanés, Reyes, Aguilar.. Y lo de Extremadura ha sido la gota que colma el vaso. Me estoy planteando muy seriamente no volver a votar.

1 Xoelho

Pomelinho, ¿podes dicirme que foi o mal feito en Estremadura? Ah, si, non prestarse a ser o apéndice do PSOE. Porque, non terxiversemos, en Estremadura IU non pactou co PP nin moito menos se coaligou; o único que IU fixo en Estremadura, en contra, por certo, da opinión de Cayo Lara, foi non apoiar ao PSOE, absterse, porque o PSOE o único que quería era o voto incondicional de IU, sen facer ningun_a concesión. Así as cousas, eu coido que a única postura digna para IU foi a que decidiu tomar esa forza política en Estremadura. Vexo que tedes demasiado metido no coco o dogma do bipartidismo, que é precisamente co que hai que romper. Nin PP nin PSOE, non se debe votar por ningún deles senón por un programa alternativo, que existen máis partidos que eses dous e eses dous son os partidos do capital.

2 Xoelho

Claro está, a non ser que o PSOE acepte un programa de esquerdas minimamente aceptable, porque é indubidable que dentro do PSOE existe bastante xente que quere realmente o socialismo.

3 Antón

Xoelho unha cousa é facer un fronte de esquerdas é outra traidora e moi distinta facer un papel de inxerencia nos movementos proletarios de liberación nacional co cal fas o mesmo papel que as forzas reaccionarias colonizadoras, esto foi enunciado por todos, por Marx, Engel, Lenin etc. por todos agás Rosa Luxemburgo, partidos verdadeiramente de esquerdas coma o PCPE fan un papel de axuda a orgaizar os movementos emancipadores locais, o resto revisionismo colonizador pequeno burgués.

19 Juanjo

Ás veces penso que somos moi inxustos co nacionalismo de esquerdas. Nas protestas, manifestacións, folgas, apoio a colectivos con precariedade laboral (mariscadoras, gandeiros, etc..) xamáis vin a esta xente de IU e poucas veces aos de CCOO. Case sempre se ven bandeiras e xente da CIG, CUT, BNG, FPG etc. Traballan coma non fan outros e logo reciben os votos IU, PSOE, etc. O dito: moi críticos (inclúome) e demasiado esixentes cos que están a pé de rúa.

1 Rayleigh

CCOO suponse que é o sindicato do PCE..Só hai que ver o que fan na deputación de Ourense vendidos totalmente a Baltar. UXT e CCOO son os responsables de que os traballadores esteamos como esteamos..Cándido Méndez e a Fidalgo (antes) remataron cos dereitos dos traballadores e venderonnos por un posto no palco do Bernabeu. E agora serei un "burgués" por dicir isto.

2 celidonio

Non Ray, ti non es un burgués, chégache con ser un racista españolista ao servizo da cúpula que (mal)dirixe o BNG, igual que podías facelo coa do PP, mais cadrou esta... O canciño que defende a casa do amo!

3 Soutos

Por algo son coñecidos como Comisiones Peperas CCPP. O sindicato amarelo do aznarista Fidalgo. Estes son os de izquierda hundida. sindicalistas de día, españolistas de noite, peperos todo o día.

18 Manuel P.

¿De que país falas? ¿España ou Galicia? Gostaríame sabelo.

17 Eusonlle

Unha pregunta: como se sente IU deixando que o PP goberne en Extremadura? Prefiren ao PP que a PSOE, non si? Xa o tiña claro cando me enterei que Fidalgo, antigo Secretario Xeral sindicato do PP (antes de IU/PC), apareceu nun mitin do PP. Iso é a esquerda? Jajajajaja.

1 Kiko

A mesma pregunta podería facérselle ao PSOE en Euskadi, ou...

2 Eusonlle

Por suposto, mais parto da base que no PSOE a man esquerda xa non a usan nin para levar o paraugas...

3 beto

Pero no BNG ben que os queren (ao PSOE), será por colocarse de mantidos ao quente? E sabendo que o PSOE non é de esquerdas, que querias en Extremadura, que apoiara ao PSOE? Pois non, non apostou polo PP nin polo pSOE, deixou en evidencia que son o mesmo. Non apoiou ao PSOE a cambio de nada (outros si o facedes por aquí), enténdelo ou hai que explicarcho de novo?

4 Eusonlle

Eu entendo ben oh! Fun ás escolas de Espe... Prefiro non apoiar ao PPSOE mais teño claro a quen elixir entre Guatemala e Guatepeor... Respeto que a xente ilustrada coma ti prefira Guatepeor.

16 Euson

Unha pregunta: como se sente IU deixando que o PP goberne en Extremadura? Prefiren ao PP que a PSOE, non si? Xa o tiña claro cando me enterei que Fidalgo, antigo Secretario Xeral sindicato do PP (antes de IU/PC), apareceu nun mitin do PP. Iso é a esquerda? Jajajajaja.