O litoral norte galego terá este martes aviso amarelo por vento

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2019 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

O litoral norte de Galicia --costa noroeste e A Mariña luguesa-- terá este martes, 26 de marzo, aviso amarelo por vento, que pode alcanzar forza 8.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, durante este martes esténdese a alerta amarela por mar de vento a todo o litoral norte.

En concreto, durante toda a xornada deste martes o aviso será amarelo na Costa da Morte e costa noroeste por vento nordeste, forza 7, con algún intervalo de forza 8. Ademais, a partir das 9,00 horas deste martes o aviso será amarelo na Mariña por vento nordeste, forza 7.

O litoral norte galego terá este martes aviso amarelo por vento. METEOGALICIA
O litoral norte galego terá este martes aviso amarelo por vento. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta