Nova "agarrada" entre Faro e La Voz a conta do OJD

O OJD dá un "tirón de orellas" a Faro por usar datos parciais para destacar a caída de vendas de La Voz na provincia. Con todo, os dous medios aplican unha política de recortes, que tamén podería afectar a El Correo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/11/2011 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

“La Voz de Galicia, cae hasta los 5.772 ejemplares en toda la provincia de Pontevedra y los 46.104 en Galicia”. Así titulaba Faro de Vigo unha editorial o 30 de outubro nun novo episodio da 'guerra mediática' polo liderado xornalístico no Sur de Galicia.

Unha guerra que o Faro alimentou publicando perdas do xornal coruñés en Pontevedra e que alimentaría a decisión da dirección de estudar un posible peche da edición de La Voz en Vigo, mentres que a de Arousa pasa a depender da de Pontevedra.

None

Faro usou datos parciais para destacar o retroceso de La Voz

A cabeceira olívica do grupo Prensa Ibérica tiraba de datos do OJD para destacar a caída de La Voz en Pontevedra. Agora  a propia Oficina de Justificación de la Difusión (OJD) reacciona á editorial de Faro lembrándolle que "as Normas Técnicas de Control Diarios nos seus Artigos 9.3.1. e 9.3.2. sinalan que cando se faga uso de datos parciais incluídos nas Actas ou pendentes de certificar, é obrigatorio mencionar as últimas cifras vixentes, expresando claramente o concepto e período ao que corresponden". Noutras palabras, o OJD critica a Faro polo uso parcial dos datos da provincia de Pontevedra sen dar os totais de Galicia.

E como lle vai en realidade á prensa galega? OJD só aporta os "datos certificados" correspondentes a decembro de 2010, nos que La Voz ten, aproximadamente, unha difusión de 97.000 exemplares, Faro 38.000, Diario de Pontevedra 6.800 e Atlántico pouco máis de 4.000.

Último OJD sen certificar

Agora ben, os datos sen certificar máis recentes confirman que todos os medios en papel están a perder lectores en Galicia, aínda que Faro estea no grupo dos que mellor aguantan a nivel estatal.

A vaga 'sen certificar' máis recente á que tivo acceso GC é a de Xuño. La Voz de Galicia deixábase dende xaneiro máis de 13.000 exemplares de difusión, un 13,47%, mentres que Faro de Vigo perdeu 886, un 2,37%. Así a cabeceira da Coruña promediaba daquela unha difusión de 88.762 exemplares e a de Vigo 36.474.

Tensión en El Correo Gallego

O certo é que a crise da prensa en papel está a pasar factura a todas as cabeceiras. Unha delas é El Correo Gallego, sobre o que circulan insistentes rumores de novos despedimentos. A súa propietaria, Edicións Compostela, tras pechar Galicia Hoxe, recibiu ofertas de compras tanto dende Prensa Ibérica como de La Voz, segundo apuntou Galiza Diario.

Recortes

O convenio de empresa de La Voz caduca a final de ano e os seus traballadores temen que a empresa execute a súa oferta, na que prolonga o recorte de soldos e só garante o 75% dos postos.

Tampouco os directivos de Faro evitan os recortes, que aplicaron nos últimos meses, entre outros, aos seus fotógrafos colaboradores, facendo aínda máis precarias as súas pésimas condicións laborais até o punto de forzar a marcha dalgún destes profesionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

19 Falocoz

Un señorito de A Coruña e un subasteiro son os donos dos autoprocamados por eles principais xornais de Galicia. Sería unha ledicia para os que sofriron o seu cinismo e hipocresía, que ambos os dous pasaran unha boa temporada nas listas do INEM, a donde eles votaron a moitos xornalistas e traballadores dos seus supostos xornais: La Voz de Galicia y el Faro de Vigo, que so representan a eles e a súa cobiza por o diñeiro e o poder.

18 Carla

El faro ademas de contar mentiras, por lo que acabo de leer, es un periódico pésimo

17 lino

queremos que lle dean máis subvencións os dous panfletos pepeiros eses, e cada maña nos metan un "exemplar" en cada buzon a tódolos galegos gratis, a conta dos presupostos da xunta para que estemos ben informados....

16 iria

Menos mal que temos ,El Pais Galicia, hoxe todo un monografico do gran Iago Martinez ,o enchufado do Decano do Colexio de Xornalistas ,que apoia a privatizacion da TVG.

15 Black Crow

En Galicia sobraban todos los periódicos y televisiones locales y autonómicas. Ya sé que hay que buscar una alternativa para leer en los váteres, bares, colas del SERGAS y del INEM, pero puedes llevar un gratuito, o imprimir algo interesante de interné ¿Pero prensa oficialista? Una lata, hay que getionar enchufes, subvenciones, publicidad institucional, etc ... salen muy caros. Y ya sé que los comunistas no concebís la vida sin un Gramma, Pravda o A Nosa Terra, pero poséis creerme, esa sociedad es posible. Además ¿Porque emperrarse en defender un modelo mediático si al final los que benefician son los cuatro mangantes de siempre? ... normal, es que no es lo mismo un gentleman como Rey que un gañán como Eyré.