Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2019 | Actualizada ás 17:18
O sensor MODIS (Moderate Resolution Imaging Spectroradiometer) mostra a magnitude do incendio que se declarou en Dodro e se estendeu até Rianxo. A imaxe captada mostra como unha ampla columna de fume se estende cara o océano Atlántico.
O Modis é un instrumento que viaxa a bordo dos satélites de Terra e Aqua. A órbita de Terra ao redor da Terra viaxa do norte ao sur cruzando o Ecuador pola mañá, mentres que o Aqua viaxa do sur ao norte cruzando o Ecuador pola tarde.
Terra-MODIS e Aqua-MODIS cobren a superficie da Terra cada un a dous días, adquirindo datos en 36 bandas espectrais. Estes datos axudan a comprender a dinámica global da Terra; o comportamento na superficie terrestre, nos océanos e na atmosfera.
MODIS está a desempeñar un papel vital no desenvolvemento de modelos validados e globais capaces de predicir o cambio global que está a sufrir o planeta Terra e así tomar decisións sas referentes á protección do noso ambiente.
850 HECTÁREAS QUEIMADAS
O incendio forestal que afecta os municipios coruñeses de Dodro e Rianxo queimou xa unhas 850 hectáreas de superficie, segundo os datos actualizados pola Consellería do Medio Rural
O lume iniciouse ás 20,09 horas do luns na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro (A Coruña), tras o que pasou ao municipio de Rianxo. A Xunta decretou a situación dúas pola proximidade a vivendas no núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.