Vaga de incendios: Ferido un axente forestal no lume de Boiro que xa está estabilizado

É o segundo gran incendio do Barbanza nos últimos días tras as 1.120 que arderon en Rianxo e Dodro. Xa arderon máis de 80 hectáreas.

Por Galicia Confidencial | Boiro | 29/03/2019 | Actualizada ás 09:54

Comparte esta noticia

Un axente forestal resultou ferido na madrugada deste venres tras recibir un golpe na cabeza durante as tarefas de extinción do incendio que afecta o municipio de Boiro (A Coruña). Segundo informa a Consellería de Medio Rural a Europa Press, o home sufriu unha caída e deuse un golpe na cabeza, o que provocou que quedase sen coñecemento durante "uns segundos".

Por precaución foi trasladado ao hospital do Barbanza, onde lle realizan probas, aínda que na evacuación ao centro médico "xa ía consciente".

As mesmas fontes apuntan a que "en principio parece que non reviste gravidade, pero con todas as reservas", xa que se trata dun golpe na cabeza e haberá que esperar ás próximas horas a ver como evolucina.

Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra o gran lume de Rianxo e Dodro
Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra o gran lume de Rianxo e Dodro | Fonte: Miguel Núñez

ESTABILIZADO

A Consellería de Medio Rural dá por "estabilizado" desde as 12,30 horas deste venres o incendio do municipio coruñés de Boiro tras queimar unhas 80 hectáreas, aínda que aínda non se atopa controlado.

O incendio iniciouse ás 23,41 horas do xoves na parroquia de Lampón. Nas tarefas de control traballan, entre outros medios, tres helicópteros, 7 motobombas, 11 brigadas, oito axentes e un técnico, informa este departamento nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta