Prisión provisional sen fianza para a muller da Coruña que incendiou un piso e agrediu cun coitelo ao seu caseiro

A detida enfróntase a catro delitos de intento de homocidio e outro de incendio con perigo para a vida das persoas.

Por E.P. | A CORUÑA | 29/03/2019 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 da Coruña decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para a muller da Coruña detida o pasado martes como presunta autora dun incendio nun piso no barrio de Monte Alto e de causar lesións a un home co que mantivera previamente unha discusión.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a presunta autora dos feitos está investigada por catro delitos de intento de homicidio e outro de incendio con perigo para a vida das persoas.

A investigada, que permanecía desde o martes no cuartel de Lonzas, foi detida o martes por axentes da Policía Local como presunta autora do incendio nun piso do barrio de Monte Alto e da agresión ao seu caseiro, con quen mantivera unha discusión previa.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Policía Nacional, a muller esgrimiu un coitelo contra o home, a persoa que lle alugaba o piso, provocándolle lesións.

INCENDIO

O incendio, cualificado de intencionado, obrigou a evacuar a catro persoas. O lume iniciouse ao redor das 18,45 horas do pasado martes no segundo piso dunha vivenda situada no número 152 da Avenida de Hércules.

Tras o aviso de varios particulares para pedir axuda, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou ao 061, aos Bombeiros da Coruña e aos axentes da Policía Nacional. Tamén solicitaron a colaboración da Policía Local.

Unha vez extinguido o lume, os bombeiros confirmaron que foron catro as persoas feridas, tres delas por inhalación de fume e unha cuarta que sufriu lesións de consideración tras unha caída ao patio de luces.

O 061 levou ao catro homes ao Hospital A Coruña, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias. En concreto, evacuou nunha ambulancia medicalizada aos homes D.B.V., de 32 anos, e A.C.M., de 76; mentres nunha asistencial foron trasladados A.R.T., de 51 anos, e D.S.V., de 18.

Xuízo
Xuízo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta